BARREIROS (FNC) .- Ás cinco desta tarde da comenzo en Barreiros o curso de introducción á fotografía dixital no que participarán 17 mulleres Será os luns de 17 a 19 horas, segundo anunciou hoxe a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez.
A edil popular pide “puntualidade ás asistentes a esta cita para poder aproveitar o curso o mellor posible. Ademáis cando remate e como estamos no mesmo centro sociocultural, si o desexan poden visitar a exposición Inquedanzas de Hixinio Flores, que está aberta ata as oito. Entón teñen unha hora para poder disfrutar destas fotografías porque merece a pena”.
Adela Rodríguez lembra que “máis adiante teremos os cursos que xa anunciamos hai uns días. Imos facer o curso básico de manexo do móvil patrocinado por Telecomunicaciones Cantábrico e tamén o curso de memoria, animación, convivencia e entretenimiento. Non temos as datas confirmadas, pero difundirémolo en breve. Será moi pronto, pero ó dar comenzo este curso de fotografía e ó ter tamén a exposición imos esperar uns días para que as mulleres queden libres e poidan asistir a todas as actividades sen problema”.