FOZ .- Compoñentes da asociación cultural A Pomba do Arco de Foz e voluntarios focenses da Plataforma Queremos Galego, informaron no mercado de Foz sobre mobilización convocada, para o día 18 de outubro en Santiago de Compostela. Repartiron propaganda entre os asistentes ó mercado e animáronos a participar da mobilización.
NOTA DE PRENSA
A Asociación Cultural “A Pomba do Arco” e voluntarios da sección focega da “Plataforma Queremos Galego” aproveitaron a celebración do mercado de Foz para repartir propaganda da manifestación que en defensa do galego se celebrará en Compostela o vindeiro 18 de Outubro.
Os membros da sección focega da “Plataforma Queremos Galego” animaron os asistentes ao mercado de Foz a participar da mobilización do 18 de Novembro e recordaron que haberá un autobús gratuíto desde Foz para acudir a manifestación que saíra o Domingo 18 ás 09:00 de diante do Concello. Neste sentido desde a Plataforma “Queremos Galego” recordaron que aquelas persoas que queiran acudir a manifestación debe anotarse chamando ao Tlf:982-140-654 en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:30 a 20:30 de Luns a Venres.
Os membros de Queremos Galego fixeron fincapé “na difícil situación que está a vivir a lingua neste momento concreto. A ese estado de saúde de por si preocupante, como reflicten todos os estudos elaborados ate o momento, únese un elemento non menos grave: as medidas regresivas que no ámbito da lingua ou da cultura está a aplicar o actual goberno da Xunta xa desde os primeiros días da lexislatura”.
Desde Queremos Galego chamouse “a transformar en enerxía a prol da defensa do noso idioma, elemento central da nosa existencia colectiva, a gran preocupación que a actual política lingüística do goberno galego ten creado en amplos sectores da sociedade. Instamos ao noso pobo a moverse a favor de aquilo que nos une e identifica, que nos sitúa as galegas e os galegos no mundo no mesmo nivel que as outras culturas do planeta, aquilo que nos fai universais: a nosa lingua”.
Xa por último os colectivos que conforman a Plataforma “Queremos Galego” en Foz insistiron na importancia da mobilización do día 18 de d Outubro e animaron ao conxunto de entidades sociais e persoas a título particular de Foz a adherise a mesma a través do correo electrónico queremosgalego@queremosgalego.org