Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro e Ribadeo recibiran esta semana visitas do programa Km0 da Deuptación

LUGO .- Preto de 350 veciños, entre eles un grupo de Cervo, participan nas sete rutas organizadas esta semana no programa de visitas medioambientais Km0 organizado pola Deputación. Parte de estes veciños visitarán en Viveiro a igrexa de Santa María do Campo e a Porta de Carlos V, pasearán pola praia de Covas e subirán ó Alto de San Roque e en Ribadeo visitarán o Centro de Cultivos Mariños e o Mosteiro das Clarisas e realizarán unha travesía en barco pola ría.

Nota de Prensa

Preto de 350 persoas participan esta semana no programa de visitas Km0

A igrexa románica de Vilar de Donas e o Castelo de Pambre visitaranse por primeira vez dentro desta iniciativa promovida pola Deputación

Preto de 350 veciños de Lugo, Pantón, Láncara, Cervo e Vilalba participan nas 7 rutas organizadas esta semana no programa de visitas medioambientais Km0 organizado pola Deputación. A Mariña, A Ribeira Sacra, A Terra Chá e A Ulloa son os destinos elexidos. Por primeira vez visitarase, no Concello de Palas de Rei, o Castelo de Pambre e a igrexa de Vilar de Donas, un dos exemplos máis coñecidos do románico vencellado ó Camiño de Santiago.

A segunda semana da nova etapa de Km0 inaugurouse este martes con dúas rutas nas que participan un grupo da Asociación local de pensionistas de Pantón e outro da Asociación de veciños de Hombreiro “Río Miño” de Lugo, que foron recibido nos Pazo de San Marcos, pola Deputada de Economía, Regina Polín.

Os primeiros coñecerán a oleiría de Bonxe e continuación trasladaranse á Vilaba, onde visitarán a Torre dos Andrade, o Museo Arqueolóxico e a charca de Alligal. Os segundos viaxarán a  Viveiro, despois de percorrer as instalacións do Centro de Artesanía e Deseño. Na cidade do Landro visitarán a igrexa de Santa María do Campo e a Porta de Carlos V, pasearán pola praia de Covas e subirán ó Alto de San Roque.

O mércores, un dos grupos que participarán en Km0, da Asociación IV Ciclo Universitario do campus de Lugo, viaxará ó Concello de Palas de Rei para coñecer a igrexa románica de Vilar de Donas e o Castelo de Pambre e dar un paseo polos arredores. Tambén visitarán o mosteiro de Ferreira de Pallares, en Guntín.

O outro grupo, da Asociación Lares Unidos de Vilarmosteiro de Láncara, desprazarase a Ribadeo. Visitarán o Centro de Cultivos Mariños e o Mosteiro das Clarisas e realizarán unha travesía en barco pola ría de Ribadeo.

Polo que se refiere ó xoves, Km0 viaxará a Ribeira Sacra. Socios do Clube Deportivo de San Cibrao farán un percorrido a pé ata o Mirador da Pena do Castelo e navegarán en catamarán por Amandi. Por outra banda, membros da Asociación Social e Cultural de Veciños de Lanzós, do Concello de Vilalba, embarcarán en Chancís para coñecer os Canóns do Sil e visitarán os Muíños de Xábrega en Arxemil.

Por último, 24 membros do Consello Administrativo de Musasat (compañía de seguros de responsabilidade civil) visitarán  o Mirador de Pena do Castelo, a oleiría de Gundivós e farán unha travesía en catamarán.

Exit mobile version