Site icon Crónica3.com A Mariña

VII Mostra de teatro afeccionado en Ribadeo

Ribadeo acolle esta fin de semana a VII Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón. Mañá ás 21.00 horas no Cine Teatro O aturuxo de Melpómene representa Comendo pimentos de Padrón con Tarantino, unha obra escrita e dirixida por Leandro Lamas. Unha comedia para maiores de 13 anos. O domingo 27 de setembro ás 17.30 horas coa obra Pinokia que porá en escea Trécola Teatro, orixinal de Fernando Dacosta e dirixida por María Díaz. Está dirixida ao público infantil.

Exit mobile version