Site icon Crónica3.com A Mariña

Uns 400 atletas competiran na XI Carreira Popular Concello de Viveiro

VIVEIRO .-Responsables da organización presentaron a XI Carreira Popular Concello de Viveiro no salón de plenos do antigo concello de Viveiro. A competición celebrarase o sábado 19 e o domingo 20, e participarán ao redor de 400 atletas. Ao acto asistiu o delegado da Área de Deporte da Deputación, Antonio Veiga, o concelleiro de Deportes de Viveiro, Xesús Fernández Cal, e o presidente do Club Egovarros, Francisco Rodríguez Balsa.
Nota de Prensa

HOXE PRESENTOUSE A XI CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIVEIRO 2009

A proba disputarase durante os dous días desta fin de semana e nela tomarán a saída preto de 400 participantes, entre escolares e adultos

LUGO, 17 de setembro de 2009. O delegado da Área de Deporte da Deputación, Antonio Veiga, presentou esta tarde no salón de plenos do antigo concello de Viveiro, xunto co concelleiro de Deportes de Viveiro, Xesús Fdez. Cal, e o presidente do Club Egovarros, Francisco Rodríguez Balsa, a XI Carreira Popular Concello de Viveiro. Nesta proba, durante os dous días nos que se celebra (sábado 19 e domingo 20), participarán ao redor de 400 atletas de todas as idades, desde nenos e nenas de apenas uns poucos anos até veteranos de máis de 55 anos. Segundo destacou Antonio Veiga, “é necesario que unha institución como a Deputación de Lugo apoie aos clubs modestos na organización deste tipo de actividades xa que son moi importantes para promover entre a cidadanía un modo de vida saudábel a través da práctica deportiva.”

O delegado da Área de Cultura e Deportes encomiou o traballo do Club Egovarros así como os éxitos acadados por moitos dos seus atletas – que proveñen sobre todo das categorías de máis idade da man dunha figura do atletismo internacional como é Julián Bernal aos seus 90 anos, quen xa foi recibido para o seu recoñecemento na Deputación de Lugo- e desexou que a proba, tal como todo fai pensar que así acontecerá, sexa un éxito como foi en anteriores edicións e se siga organizando este evento deportivo, de xeito que conte en anos vindeiros coa alta participación que a caracteriza.

Segundo explicou Francisco Rodríguez Balsa, a proba disputarase o sábado 19, a partires das 5 da tarde, para as todas categorías masculina e feminina en idade escolar, e o domingo 20, coa saída ás 11.30 da mañá, para as categorías superiores tamén nas súas modalidades masculina e feminina. En conxunto, tomarán a saída entre 150 e 200 escolares e outros tantos participantes na idade adulta.

Exit mobile version