Tamén, cando nos xorde e o impoñente horario escravista do sistema nos dá un respiro, dámoslle corda cos “comúns” e “asiduos” na cafetaría ou bar da esquina.
Quizais, por un instante, alguén podería barallar a posibilidade dunha conspiración. Algo que está aí, pero non se deixa ver, non obstante resulta ser o gran director da orquestra mundial.
Desgraciadamente a xente, os alegres e non tan alegres xentes pululantes
deste orbe terráqueo no que vivimos, só pensan nunha cousa,… “Sobrevivir e entreterse”. Intentando soñar con realidades alternativas para o futuro próximo.
Realmente son poucos os que queren que os días duren. Desexan que pasen o máis rápido posible, e que o fin de semana chegue axiña,(si é que non traballas tamén en sábado e domingo).
Coma se a vida fose unha autentica loita por vivir, despois de aínda superar xa esa fase na idade de pedra dos cromagnons.
É, unha eterna escravitude. E cando digo “escravitude”, refírome a cando a xente fai un intento de sentir, e traslada as súas decisións da cabeza á o bandullo, e sente co estómago, entón este é a súa intuición en definitiva, dítalle a verdade máis auténtica que se podería manifestar na realidade dese ser, experimenta a realidade auténtica, o seu corpo xera os mesmos compoñentes químicos dos que estaba composta a pastilla vermella de Morfeo na película “Matrix
Por conseguinte, mentres se tomen decisións coa tripa, síntase co corazón e analícese co cerebro, entón e só entón, seremos capaces de vivir fóra de Matrix. E ser verdadeiramente conscientes do mundo que nos rodea, e da falsidade do mundo.
Desgraciadamente, a maioría da xente non quere cambiar, non quere facer nada ao respecto, e o peor é que moitos ata mesmo o recoñecen saber, e mesmo os hai que responden:
– “Xa pero que lle vas facer, non podes facer nada ao respecto, é así e punto”.
– “Están demasiado alto, non podemos contra eles”.
Pois iso amigos, que saibades, é alusión de responsabilidade. A verdade é que sempre reflexionei sobre o significado dese imperativo que nos repetiron dende a mais tenra infancia, “TOMADE RESPONSABILIDADE”.
E por un tempo, non o entendía. Claro, é tan etéreo e misceláneo, non especifica.
Como imos entender, que é aquilo polo que nos debemos de responsabilizar?
Entón, ocorréuseme, ao ler unhas frases dun recompilatorio de frase feitas famosas:
“O único necesario para o triunfo do mal é que os bos non fagan nada. ”
Edmund Burke
“Máis que os actos dos malos, horrorízame a indiferenza dos bos. ”
Mohamdas Karamchand Gandhi
Claramente esta aí a resposta.