O VALADOURO .- A veciña de Sada, A Coruña, Sabela Peinado Casal,coa obra “Emigración en serie” foi gañadora do I certame de ilustración Sociedad Valle de Oro convocado pola Fundación Comarcal da Mariña Central. O segundo lugar foi para Eduardo Pérez Baamonde, de Cambados polo seu traballo “Partida” e o terceiro para Noel Pérez Fungueiriño, de Rianxo, que presentou “A xente que marcha, ou queda”.
Nota de Prensa
A obra “Emigración en serie” da veciña da localidade coruñesa de Sada, Sabela Peinado Casal, foi a gañadora do I certame de ilustración Sociedad Valle de Oro convocado pola Fundación Comarcal da Mariña Central e os concellos de Alfoz e O Valadouro.
O segundo lugar foi para Eduardo Pérez Baamonde, de Cambados polo seu traballo “Partida” e o terceiro para Noel Pérez Fungueiriño, de Rianxo, que presentou “A xente que marcha, ou queda”.
Os nomes dos gañadores foron dados a coñecer o 17 de setembro, tras a deliberación do xurado, que estivo integrado por Aurelia Balseiro García, directora do Museo Provincial de Lugo; os escultores, Daniel Río, “Caxigueiro”, Juan Puchades Quilis; e Paz Quiroga, profesora de Plástica do IES Alfoz-Valadouro