Site icon Crónica3.com A Mariña

Responsables do Concello e do Consello Regulador presentaron en A Coruña a Festa da Faba Lourenzá

A CORUÑA .- Responsables do Concello de Lourenzá presentaron en A Coruña a XIX Festa da Faba destacando o papel protagonista deste produto dentro da gastronomía galega. No acto participaron o alcalde de Lourenzá, Vidal Martínez Sierra-López; a Concelleira do Medio Rural, Emma Alvarez Chao, e Gemma Iglesias Recalde, Presidenta do Consello Regulador IXP Faba de Lourenzá.

Nota de Prensa

PRESENTACIÓN DA XIX FESTA DA FABA DE LOURENZÁ

Novidades e sorpresas nunha das feiras máis importantes de Galicia

A Coruña, 18 de setembro de 2009//

No Hotel Attica 21, ás 12,30 horas, levouse a cabo a presentación da XIX da Festa da Faba de Lourenzá, declarada de Interese Turístico Galego.

Acompañado por Emma Alvarez Chao, Concelleira do Medio Rural do Concello de Lourenzá, e por Gemma Iglesias Recalde, Presidenta do Consello Regulador IXP Faba de Lourenzá, o alcalde de Lourenzá, Vidal Martínez Sierra-López presentou esta nova edición da Festa destacando o papel protagonista deste producto dentro da gastronomía galega.

“Cando a natureza é arte”

Nesta edición adicada á literatura, o xornalista e crítico literario, Ramón Pernas, dará o pistoletazo de saída para gozar da festas.

Na praza do Conde Santo, coñecida como Cantón, os asistentes poderán degustar os pratos de faba baixo carpa instalada. No Cantón, instalarase un stand de información onde os visitantes, ademáiis de poder mercar artigos conmemorativos da festa, poderán recoller os tickets para as distintas degustacións.

Xornadas gastronómicas

Ademáis, dentro das actividades paralelas organizadas para a festa, presentaronse unhas xornadas gastronómicas coa faba como protagonista. Do 25 de setembro ao 4 de outubro, restaurantes da zona de A Coruña ofrecerán diferentes xeitos de preparar este cobizado legume.
Así, os chefs dos establecementos participantes ofreceron unha degustación dos pratos elaborados a base de fabas. Algúns dos restaurantes que participan nesta edición son:

Restaurante Contrapunto – Fabas de Lourenzá con perdiz

Restaurante Marcelino – Fabas de Lourenzá allo arriero con bacallau e mexillóns

Prada A Tope – Fabas de Lourenzá en tres texturas

Restaurante Marineda (Hotel Attica 21) – Fabas de Lourenzá con lebre

Restaurante A Estación de Cambre – Guiso de Fabas de Lourenzá con Polbo

Exit mobile version