Site icon Crónica3.com A Mariña

Renovan as biondas da estrada que une A Marosa con Burela

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anunciou que nestes días estanse a renovar as biondas da estrada que une Burela coa Marosa e que as columnas que as suxeitan estanse recubrindo cun material flexible que amortigua posibles accidentes, sobre todo, de motoristas.

O rexedor burelés explicou que “cumprindo un acordo entre o Concello de Burela e a Deputación de Lugo, todo ó longo da estrada dende Burela á Marosa, na rúa que lle corresponde á Deputación, estanse colocando unhas novas biondas, xa que algunhas xa estaban moi deterioradas e facía falla renovalas e colocalas de novo”.

Alfredo Llano sinalou que “ó mesmo tempo, considero que se fixo unha labor extraordinariamente boa ó colocarlle a cada suxeitador da bionda un protector de un material especialmente flexible e adaptado para que eviten, en caso, esperemos que non haxa ningunha cousa que lamentar, pero en caso de que haxa algunha caída que sirva para protexelas. É un material flexible de tal xeito que evita e amortigua calquera golpe ó mesmo tempo que lle dá unha nova connotación estética ó trazado do paseo, de tal xeito, que mellora a situación”.

Llano engadiu que “de momento, é unha das cuestións que estaban comprometidas con algún colectivo de motoristas e espero que con esta solución, a tendencia sexa a ter unha colaboración máxima e que estea contento este colectivo e outros que utilizan estas rúas”.

Exit mobile version