Site icon Crónica3.com A Mariña

Investiron 203 mil euros en asfaltados en Vilar, Vila do Medio e A Marosa en Burela

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, amosouse hoxe satisfeito tras o remate das obras de asfaltado que se acometeron en diferentes puntos da vila. O rexedor contou que “xa se remataron unhas obras que son moi importantes para Burela, porque dan valor á zona. Trátase de asfaltados de camiños en Vilar, Vila do Medio e A Marosa. Eran necesarios para esas zonas e quedaron perfectamente realizados, a empresa fixo a obra moi ben. Agardo que isto favoreza ós veciños destes lugares”.

Llano puntualiza que “fixéronse obras nos camiños de O Carballo, das Laxas a Vilar, de Pardiñas e da Marosa a Ril. Neste caso trátase dun enlace entre as dúas praias, o que mellorou moito a comunicación nesa zona. Tamén aproveitamos para asfaltar parte dun camiño nos Castros”.

O alcalde de Burela engade que “agora podemos asegurar que en Burela nas zonas máis importantes onde non estaban feitos os camiños rurais, quedaron perfectamente e agardo que duren moito tempo”.

O investimento realizado nestes traballos ascendeu a 203.000 euros.

Exit mobile version