Site icon Crónica3.com A Mariña

Reitera o PP que en novembro a madeira derrubada polo Klaus estará retirada dos montes de titularidade privada

NOTA DE PRENSA

A deputada popular Emma Álvarez reiterase na afirmación de que en novembro a madeira derrubada polo Klaus estará retirada dos montes de titularidade privada

O RESPONSABLE COMARCAL NA MARIÑA DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO MINTE E CHEGA A DESCALIFICATIVOS PARA NON ACEPTAR A INCEFICACIA DO ANTERIOR GOBERNO DA XUNTA

Santiago, 15 de setembro do 2009.- A deputada do Partido Popular  Emma Alvarez reiterou hoxe as súas palabras en relación a retirada da madeira do Klaus no que se refire a prazos “xa que nun principio a finais de agosto afirmei que a mediados de setembro estaría retirada máis da metade da madeira , feito que se pode constatar a día de hoxe, e reitero o compromiso do Dtor. Xeral de Montes de que en Novembro estará retirada a práctica totalidade da madeira”. Para a deputada o portavoz comarcal do BNG, Antonio Veiga, “parece ser que non entende o que lee”.

“Cando dixen que se levaba retirado o 10% aló polo 28 de agosto era un feito real, non dixen nada que logo debera emendar, os cidadáns deben saber a verdade e dicir que levabamos un maior porcentaxe sería faltarlles a verdade, feito que en min será difícil que Antonio Veiga constante, e me considero unha persoa seria e de fiar e así o demostrei ata o de agora, tanto en política como na vida profesional” indicou a deputada do PPdeG.

Así mesmo recordoulle ao Sr. Veiga que a madeira estará retirada en Novembro e non antes pola ineficacia da orde que elaborou o seu partido no Goberno, “posto que si fora unha orde máis áxil poderíase ter realizado antes, non sería necesario esperar a mediados de xuño para iniciar a tramitación das solicitudes presentadas” . Tamén recalcou que unha vez máis que foi o actual goberno o que tivo que incrementar o orzamento en máis dun 200 % para poder facer fronte ao total das solicitudes presentadas.

Segundo Emma Alvarez “a Antonio Veiga o teñen mal informado dende o seu partido, non é certo que o goberno do PP paralizara os traballos de retirada de madeira iniciados pola empresa pública SEAGA xa que non existiron tales traballos. O único que había feito era a retirada de algo de madeira dos montes de xestión pública e  cuadrillas de SEAGA participaron na liberalización de pistas de monte tanto público como privado pero o que é certo e que o bipartito non retirou nin un só metro cúbico de madeira dos montes de titularidade privada . Lástima que o Sr. Veiga entenda mal ata os apuntes que lle pasan do seu partido posto que en tres meses o único que fixeron foi sacar unha orde ineficaz que se instrumentaliza a través de SEAGA”.

Para a deputada popular “a credibilidade dos populares en xeral quedou demostrada o pasado 1 de marzo, non entendo como se pode ser tan hipócrita e non aceptar a realidade , Antonio Veiga, non ten vostede máis que analizar os seus resultados na Mariña, que foron os peores en toda a provincia de Lugo”.

Con estas declaracións Emma Álvarez trata de “poñer fin a este circo mediático que está a facer o BNG en referencia ao KLAUS, non é a miña forma de proceder entrar ao trapo de falsas acusacións persoais nin faltarlle ao respecto a ninguén

Exit mobile version