NOTA DE PRENSA
González Barcia reitera que Nieves Cando está “debe tranquilizarse e traballar”.
O portavoz burelés reafírmase en pedirlle que pague todas as facturas que debe.
Barcia asegura que quen engana é Nieves Cando.
O portavoz do GMPP burelés, José María González Barcia, pediulle hoxe a Nieves Cando “que se deixe de producir literatura barata, que se tranquilice e que traballe. Non deixa de ser chocante que agora pida que non a critiquemos e que a deixemos traballar. Xusto cando ela se nega sistematicamente a apoiar calquera iniciativa que presenta o PP, como pasou cando pedimos máis democracia e presencia dos clubes para facer os horários dos pabellóns”.
González Barcia lamenta “o estado de alteración extrema de Nieves Cando”. O portavoz popular considera que eso non é bon para o concello, e que Cando, primeiro, debe tranquilizarse, e, segundo debería darse conta de que cobra corenta e cinco mil euros anuais de todos os cidadáns, para que goberne e resolva problemas, non para darlle caña ó PP día si e día tamén. Desde o PP, dixo Barcia, “nós facemos propostas concretas, e sobre eso é sobre o que hai que discutir: as delegacións de Nieves Cando deben practicamente todas as facturas do presente ano, e pedímoslle que pague a quen lle debe, porque está xenerando problemas de liquidez a empresas e autónomos. O PP considera que non é xusto darlle a todo o mundo corenta euros: pedimos que se lle dea máis a quen menos gana, e se lle dea menos a quen máis gana; non é lóxico que se lle dea o mesmo a quen gana cincocentos euros ca quen gana dous mil. O PP pide que se dean subvencións ás asociacións, que este ano non as teñen, diga o que diga Nieves Cando, e que se gaste menos en parrandadas, e ela fai xustamente ó revés. E así sucesivamente”. Barcia asegura que “esta é realidade irrefutable, e que ela é incapaz de rebatir na súa nota de prensa, na que se limita a poñernos verdes, e chámanos hipócritas, mentirosos, e demais lindezas que seguro que na súa boca non son insultos senón ‘constatacións da realidade’, pero que se as dixeramos nós serían unha declaración de guerra”
Polo tanto, segundo Barcia, “como non é capaz de rebatir nada do que decimos, se non é con insultos, mellor que cale a boca e se adique a resolver os problemas que nós entendemos que están plantexados pola súa incapacidade na xestión. Como non pode rebatir o que decimos, produce literatura barata para darlle caña á Xunta e ó PP, pero no caso dela cos cartos de todos”.
Indudablemente, segundo o portavoz popular, Burela non se merece a situación que está a vivir o Concello, en parte por culpa de Nieves Cando, e esa é outra realidade que esta señora non poden rebatir. Onde están os proxectos do bigoberno, especialmente de Nieves Cando, para este ano e medio que queda hasta as eleccións municipais?