A presentación do curso “Preescolar na casa” será o luns, 21 de setembro, no CEIP Gregorio Sanz, ás 10.30 horas. O martes 22, na escola de Rinlo a partires das 10.30 horas e o martes 29 de setembro, na escola de Remourelle ás 10:30 horas. A concellaría de Educación de Ribadeo indica que “Preescolar na casa é un programa educativo que se organiza para contribuír á formación dos pais, co fin de axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos de 0 a 2 anos, a través de actividades diarias e do aproveitamento do contorno dun xeito consciente e reflexivo”. As reunións teñen unha periodicidade quincenal e a elas asisten os pais, as nais e un mestre-orientador do programa.