NOTA DE PRENSA
O GMPP considera máis xusto o sistema de gratuidade de libros da Xunta de Feijoo.
Os populares aseguran que o bigoberno burelés é insolidario.
Lembran que co bipartito nunca houbo gratuidade absoluta.
O GMPP de Burela presenta no pleno de hoxe, mércores, unha enmenda á moción presentada por socialistas e nacionalistas sobre a gratuidade de libros de texto, porque considera que o bigoberno burelés é insolidario dado que as axudas que propugnan son de carácter universal, as mesmas para todos, sen ter en conta os ingresos de cada unidade familiar. Resulta chocante que cando PSOE e BNG proclaman a nivel de España que se aumenten os impostos ós que máis cobran, no concello e en Galicia apliquen e pidan que as axudas sexan iguais para todos, independentemente das rentas das unidades familiares.
Por eso, os populares piden, na enmenda de substitución presentada, que se substitúa dun xeito progresivo o sistema de empréstito de libros por un sistema de gratuidade solidaria, que permita ás familias con alumnado de Educación Especial ou con menos recursos poidan adquirir os libros de texto sen conste algún. Igualmente consideran que se debe reinvertir a diferenza orzamentaria entre o sistema de gratuidade solidaria e o de empréstimo na adquisición de material ou na mellora das instalacións de centros escolares ou doutros servizos educativos, como os comedores ou o transporte escolar. Por último, entenden que se deben centrar os esforzos da Administración, cando se convoquen axudas e subvencions públicas, na atención preferente aos máis necesitados, na converxencia económica e social e na creación dunha sociedade máis xusta.
Ademais, os populares lembran que estas solucións, nestes momentos de crise, son aceptadas pola inmensa maioría dos cidadáns. Finalmente, desde o GMPP pídenlle ó bigoberno que non tente manipular ós cidadáns e non fomente enfrontamentos entre as institucións.