SANTIAGO .- Os colectivos ecoloxistas da FEG (da que fai parte ADEGA e outras 16 organizacións) xunto con Amigos da Terra vimos de apresentar conxuntamente as nosas Alegacións ecoloxistas ao documento de inicio do novo Plano de Xestión dos Residuos Sólidos Urbanos de Galiza (PXRSUG) para o período 2010-2020. Malia a tratarse dun documento moi xeral, que deberá concretarse nun posterior documento de referencia, aparecen xa preocupantes indicios de que a actual Xunta pode voltar a cometer os erros da era Fraga: obxectivos moi cativos para a recuperación material da materia