Site icon Crónica3.com A Mariña

Os productores de faba deben renovar o carnet para poder vender no mercado dos domingos en Lourenzá

Imaxe da web fabadelourenza.org

LOURENZÁ .- Os productores de faba interesados en vender no mercado dos domingos deberan renovar o carnet de productor, según indica a responsable de Medio Rural do Concello de Lourenza,  María Emma Alvarez Chao. Ós productores que teñan o carnet caducado ubicaranos na “parte de detrás do mercado”, explica a concelleira nunha carta que remitiu ós concellos de A Mariña e os fabeiros inscritos no rexistro de Lourenzá. O mercado iniciarase o domingo 20 de setembro  a partir das 8 da mañá.

REFERENCIA

En Lourenzá, a 4 de Setembro do 2009

Estimad@ fabeir@:

Un ano máis por estas datas póñome en contacto con vós para recordarvos a necesidade de renova-lo carné de productor de FABA para vendela vosa producción no habitual MERCADO DOS DOMINGOS.

Como en anos anteriores o recinto estará separado en dúas zoas, por un lado o destinado á venda da nosa leguminosa con carné, donde só se permitirá o acceso aos fabeiros que teñan o carné renovado e que deberán traelo cada vez que veñan ó mercado posto que o persoal do Concello que está na porta de entrada terá orde de desviar á parte de detrás do mercado aos productores que o teñan caducado. Sentimos as molestias que lles poidan ocasionar, pero entendemos que esta é a única maneira de garantir que o que se vende é faba procedente da mariña de Lugo.

O mercado iniciarase o domingo 20 de setembro e o horario de apertura, será a partir das 8 da mañá.

Esta renovación é obrigatoria para todo-los productores inclusive os que esteñan baixo o amparo da IXP Faba de Lourenzá, posto que como ben saben esta última non contempla a venta de faba a granel e ademáis, os inscritos, non teñen toda a producción dentro da Indicación.

O prazo para inscripcións e renovacións iniciase a partires de hoxe polas mañás na oficina da Técnico de Emprego situada na casa consistorial de 9 a 13 horas e polas tardes na Biblioteca Municipal de 17:30 a 20:00 sendo necesario traer unha fotogafría reciente, e o Documento Nacional de Identidade xa que este ano necesitamos facer carnés novos a todo-los productores.

Recordámoslle tamén que este mercado é para a venda a granel quedando totalmente prohibida a venda ao detalle, sobre todo o primeiro domingo de outubro que se celebra a tradiciona Festa da Faba.

Por outra banda, dende a delegación de Medio Rural do Concello, conscientes da importancia que ten a faba para o desenvolvemento tanto económico como social do territorio, está a elaborar un estudo para ver a viabilidade de poñer en marcha unha cooperativa comercializadora deste produto. Esta cooperativa agruparía aos produtores da zona e permitiríalles comercializar a súa produción polo xunto, garantindo uns prezos dignos para os agricultores e valorizando a imaxe da Faba de Lourenzá en novos mercados.

Neste sentido, a empresa Proxectos Consultoría e Formación está a realizar unha serie de entrevistas aos produtores de faba para coñecer a súa visión sobre o cooperativismo, a súa maneira de traballar, a súa opinión sobre a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, os problemas cos que se atopa e as súas perspectivas de futuro. A colaboración dos produtores é indispensable para a boa marcha desta iniciativa, e por iso nos gustaría contar coa súa colaboración.

Para facilitarlles ós vosos datos aos técnicos da empresa, precisamos o voso consentimento, polo que vos agradeceriamos nos comunicarades á vosa disposición. Igualmente, proporcionámosvos os seus datos de contacto por se queredes ter mais información ao respecto:

Persoas de contacto: Marta Míguez e Pablo Rey
Tfno: 981 569158
Correo electrónico: fabadelourenza@proxectos.com

Sin máis aproveito a ocasión para saudalos atentamente, e darlles as grazas por colaborar có Concello na procura de que este mercado transcurra sin incidentes e poder conseguir para a nosa faba o valor que se merece.

Exit mobile version