Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE pide explicación á Xunta polo retardo do helicóptero no accidente de Burela

NOTA DE PRENSA
ISMAEL REGO PIDE EXPLICACIÓNS, NO PARLAMENTO, POLA TARDANZA NO ACCIDENTE DO ACANTILADO DO PERDOURO (BURELA)

– O deputado mariñao quere saber cales foron as razóns polas que non acudiu ao rescate o helicóptero Pesca II , con base en Celeiro, e ao que finalmente tivo que acudir o Helimer Galicia con base na Coruña

Burela , 28 de setembro de 2009. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego anunciou hoxe que rexistrou unha pregunta oral en Comisión na que reclama saber cales foron as razóns da tardanza do rescate no Acantilado na zona do Perdouro en Burela, no que unha persoa resultou ferida, o pasado domingo, día 27 de setembro.

O deputado mariñao quere saber cales foron as razóns para que non acudise o helicóptero Pesca II, con base en Celeiro, e ao que finalmente tivo que acudir o Helimer Galicia con base na Coruña. Cal foi a hora exacta na que foron requiridos os servizos de salvamento, e tamén cal foi a hora de chegada do Helicóptero Galicia ao lugar do accidente.

Exit mobile version