Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE interesase no Parlamento polo plan funcional do Hospital da Costa de Burela

Nota de Prensa

ISMAEL REGO PREGUNTA NO PARLAMENTO POLO PLAN FUNCIONAL DO HOSPITAL DA COSTA DE BURELA

-A iniciativa rexistrada polo deputado socialista será  debatida este venres na Comisión 5ª da Cámara Autonómica

Burela , 30 de setembro de 2009.  O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego rexistrou unha pregunta oral en comisión no Parlamento, na que solicita saber si foi entregado á Consellería de Sanidade o Plan Funcional do Hospital da Costa.

A iniciativa rexistrada polo deputado socialista será debatida este venres na Comisión 5ª da Cámara Autonómica.

O deputado quere coñecer que valoración fai a Consellería de dito plan, e que previsións manexa sobre a necesaria ampliación do mesmo.

Exit mobile version