NOTA DE PRENSA:
O GRUPO DE GOBERNO DE ALFOZ PIDE A PARALIZACIÓN DA PRIMEIRA FASE DO POLIGONO INDUSTRIAL DE O´VALADOURO.
Reunido O Grupo Municipal Do PSdeG – PSOE quere mostrar públicamente o seu rexeitamento mais profundo as alegacións presentadas po lo equipo de goberno de Alfoz ao informe de sostenibilidade ambiental do polígono industrial de O´Valadouro.
Aparandose na falta de planeamiento urbanístico do concello de Alfoz, éixenlle a Consellería de Medio Ambiente e Infrastucturas a paralización de o actual proxecto de sectorización (primeira fase do polígono 118.375m2) que se construirían todos eles en terreos de O´Valadouro. Parécenos lamentable e incrible que nos queren facer pagar a os veciños de O´Valadouro a súa desidia, pois en Alfoz levan gobernando a mesma xente dende o ano ´77 tempo tiveron de aprobar o planeamento urbanístico.
Esperamos que o alcalde de O´Valadouro exerza como tal e defenda os intereses do concello e dos seus veciños, nos comprometámonos a facelo desde este mesmo intre.