Nota de Prensa
Os socialistas burelenses elixen aos seus delegados para o Congreso Provincial do 17 de Outubro en Lugo.
Os socialistas burelenses elixiron este martes nunha Asemblea Extraordinaria aos seus delegados para o Congreso Provincial que se celebrará o próximo 17 de outubro en Lugo. Os militantes apoiaron unánimemente a lista de consenso presentada pola executiva local, os delegados elexidos son , o Secretario xeral da Agrupación e alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a Secretaria de Organización e Comunicación da Unión Comarcal de UGT Costa , e militante socialista, Mª Cruz Martínez Trelles. Debatéronse tamén os estatutos a aprobar coa conseguinte introducción de enmendas e o posicionamento a tomar durante a celebración do Congreso. Por último, o Secretario Xeral, Alfredo Llano, agradeceu o proceso democrático seguido e o respaldo total da lista presentada pola Executiva local.
Rechazo total á pretensión de crear a Area Sanitaria única en Lugo.
Asímesmo, e por unanimidade total o PSdeG-PSOE de Burela, integrado pola súa executiva, militantes e simpatizantes, mostrou o seu rechazo total á pretensión da Consellería de Sanidade da creación da área sanitaria única na provincia de Lugo. Que o Hospital da Costa pase a formar parte dunha área sanitaria con cabeceira en Lugo suporía unha perda de autonomía financieira,e polo tanto, de cercanía e de calidade dos servizos sanitarios públicos. Suporía a completa desaparición do Plan Director de ampliación do Hospital da Costa. Suporía a merma de cantidade e calidade de probas diagnósticas de alta tecnoloxía e resolución, xa que a inversión estaría concentrada no novo Hospital de Lugo. Suporía un aumento na precariedade do emprego, xa que desembocaría nunha lista de contratación única co cal habería máis competencia e menos oportunidades laborais. Suporía unha movilidade forzosa de todo o persoal que menguaría altamente a atención ao paciente e mermaría a calidade asistencial. Suporía o desmantelamento tecnolóxico do Hospital da Costa co que acabaría por converterse nun PAC ou nun centro cuxa única función sería a derivación dos pacientes de Atención Primaria ao Hospital de Lugo.
Ante todo isto, o PSdeG-PSOE de Burela, e seguindo a exitosa liña marcada pola xestión do goberno socialista da Xunta na sanidade pública, pídelle á Consellería de Sanidade que siga invertindo no Hospital da Costa, tanto en capital humano, como en recursos económicos, como en maquinaria de alta tecnoloxía. Que contemple a ampliación do Hospital da Costa como unha obrigación para ofertar servizo e calidade aos 72000 habitantes de A Mariña e, sobre todo, que non se dé un paso atrás, que tería demoledoras consecuencias, na consideración de Hospital Xeral da Costa, gañada a pulso durante moitos anos polos servizos ofertados e a calidade ofrecida aos pacientes, logo de longo traballo que costou soltar a denominación de Comarcal.