NOTA DE PRENSA
Para o voceiro de Educación do Grupo Popular, Roman Rodríguez, no actual momento de crise económica faise imprescindible impulsar o protagonismo da FP como estratexia básica para a cualificación e a eficiencia das estruturas produtivas
O PPDEG SOLICITA A ADECUACIÓN DO MAPA EDUCATIVO DA FORMACIÓN PROFESIONAL AOS PERFILES PROFESIONAIS MAIS DEMANDADOS NAS DIFERENTES COMARCAS GALEGAS
* Segundo un informe do CES a FP arrastra un desaxuste entre os requirimentos empresariais de cualificacións profesionais no territorio e o deseño da oferta formativa
* Para o PPdeG sempre foi prioritario entendela Formación Profesional como un pilar básico como o amosa a posta en marcha do 1º Plan Galego de FP ou a creación dos Centros Integrados que contrasta coa perda de 13600 alumnos durante o Goberno bipartito que puxo en marcha o 2º Plan Galego sen compromiso orzamentario
Santiago , 4 de setembro de 2009.- O PPdeG ven de presentar no Parlamento unha Proposición non de Lei na que solicita a adecuación do mapa educativo da Formación Profesional ós perfiles profesionais demandados polo mundo laboral, tendo en conta as necesidades dos sectores produtivos específicos das diferentes comarcas de Galicia. Deste xeito os centros de FP deberían converterse en verdadeiros referentes da oferta de formación para todos os entornos sociais e sectores predominantes en cada zona da nosa Comunidade.
Para o voceiro de Educación do Grupo Popular, Roman Rodríguez, na actual momento de crise económica e de destrución de emprego, agravado polas inadecuadas políticas impulsadas polo goberno do Estado e a incapacidade manifestada neste eido no pasado inmediato pola Xunta bipartita, faise imprescindible impulsar o protagonismo da FP, como unha estratexia básica para a cualificación e a eficiencia das estruturas produtivas.
Roman Rodríguez fai referencia na súa iniciativa a un recente informe do CES no que se indica que a FP arrastra un desaxuste entre os requirimentos empresariais de cualificacións profesionais no territorio e o deseño da oferta formativo, producido tanto pola insuficiente oferta formativa de certas profesións así como a insuficiencia de titulados nos estudios correspondentes. Así mesmo no informe se manifesta que a FP presenta unha gran rixidez na oferta e na organización das ensinanzas, excesivamente baseadas na lóxica escolar, dificultando o acceso a unha demanda potencial.
PERDA DE 13600 ALUMNOS
Para o voceiro de Educación do Grupo Popular é necesaria esta urxente adecuación xa que “dende o PPdeG a FP ten sido sempre unha prioridade ó entendela como un pilar básico para a creación dun emprego de calidade, que engade profesionalidade ó mundo laboral e dota ás empresas dunha maior competitividade”.
Nese sentido recordou que gobernos populares anteriores fixeron apostas decididas como a posta en marcha do 1º Plan Galego de FP, a creación de novas especialidades, ou a creación dos Centros Integrados, nos que se integraba a formación regrada, a ocupacional e a continua. Para Roman Rodríguez “esta aposta contrasta coa política do bipartito na Xunta de Galicia onde a súa falta de compromiso coa FP lle fixo perder a esta modalidade educativa 13600 alumnos, suprimindo tamén numerosos ciclos formativos e poñendo en marcha un 2º Plan Galego de FP sen ningún compromiso orzamentario”.
ESTANCAMENTO DA FORMACIÓN PROFESIONAL
O voceiro de Educación do Grupo Popular tamén fixo referencia o estancamento da FP na últimos anos en Galicia, coas nefastas consecuencias para o mundo laboral e a actividade produtiva. Así indicou que o Goberno do Estado aínda non ten desenvolto a Lei 5/2002 de cualificacións e de Formación Profesional no apartado referente á avaliación, recoñecemento e acreditación das competencias profesionais, para poder aplicalo a Galicia. De modo específico dende o 2006 só se actualizaron según o calendario marcado na LOE 29 novos títulos, dos 142 títulos LOGSE existentes.