Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP quere que a Deputación pida ao Goberno central que amplíe as moratorias aos concellos para o reintegro das liquidacións negativas

NOTA DE PRENSA
O GPPP quere que a Deputación inste ó Goberno central a ampliar as moratorias ós concellos para o reintegro de liquidacións negativas

Lugo, a 26 de setembro de 2009.- Dende 2004 vénse falando dun novo Estatuto de Goberno local que substitúa á actual Lei de Bases, así coma dun marco que garanta a financiación das administracións locais, de xeito que quede totalmente definido o marco competencial dos concellos e conseguintemente os medios cos que se contará para levalo á práctica.

Pero pese ós anuncios, sinalan dende o GPPP, o seu cumplimento retrasase reiteradamente, ata o punto de que, por exemplo, a financiación local non será realidade hasta 2011.

Ademais, un exceso de optimismo, ó entender dos populares, levou ó Goberno a cifrar á alza a xeración de ingresos, pero a realidade é ben distinta e os concellos veranse na obriga de facer reintegros a conta ó Estado por ese exceso de confianza na previsión de ingresos.

Por todo elo, o GPPP propón, a través dunha moción, que a Deputación reclame do Goberno de España que remita ás Cortes, xunto coa presentación do proxecto de Lei que aplicará o novo modelo de financiación autonómica, os correspondentes proxectos de lei de Goberno Local e de Financiación Local.

Pídelle asimesmo que esixa do Goberno do Estado que aplique transitoriamente ás entidades locais o sistema de moratoria no reintegro das liquidacións negativas de exercicios anteriores, como se vai aplicar ás comunidades autónomas de réxime común e que traslade os presentes acordos ó Presidente do Goberno, Vicepresidenta Segunda e Vicepresidente Terceiro do Goberno, e ós portavoces parlamentarios do PP, PSOE e BNG no Congreso e no Senado.

Exit mobile version