NOTA DE PRENSA
O GMPP considera preocupante a situación económica do concello.
González Barcia e Fernández Valle aseguran que se deben practicamente todas as facturas de 2009.
Os populares presentan unha moción para que o Estado aporte cartos para pagar as débedas dos concellos.
O GMPP de Burela presentou o pasado venres unha moción para o seu debate no pleno do vindeiro xoves, día vintecatro, na que solicita do Goberno de España que aplique nos presupostos de 2010 tres mil millóns de euros para gastos ordinarios das corporacións locais que permitan o pago das débedas pendientes dos concellos e a prestación dos servicios básicos ó anunciado Fondo Estatal de Inversión Local.
Para os concelleiros populares Manuel Fernández Valle e José María González Barcia, a situación financieira pola que pasan os concellos é mala. Indican que o Goberno non cumpliu os seus compromisos en materia de financiación dos concellos, o que está motivando que o propio Concello de Burela esteña recibindo menos cartos do Estado en 2009 ca en 2008; neste sentido, lembraron que o alcalde enganou ós cidadáns de Burela cando dixo que o Estado aportaría máis en 2009 ca en 2008, e votou en contra dunha moci´n do PP na que se solciitaba precisamente un incremento da financición do Estado para 2009.
Pero Fernández Valle e González Barcia van máis alá. No que se refire a Burela, indican que agora mesmo o concello tén un desfase de uns seiscentos mil euros no capítulo de ingresos, motivado pola paralización da actividade da construcción. Este desfase non foi correxido polo bigoberno cun recorte do capítulo de gastos, polo que nos atopamos que o concello debe prácticamente todas as facturas do presente ano, e hai xa moitos proveedores que se plantexan deixar de subministrar ó concello. Como exemplo, unha empresa burelesa á que se lle adeudan máis de vinte mil euros do presente exercicio, só leva cobrados seiscentos. Incluso moitas facturas de actos festivos e cousas desas están sen pagar.
Fernández Valle e González Barcia entenden que a situación é preocupante no concello de Burela e de aí que se solicite do Goberno de España esta aportación económica, para pagar débedas e manter aqueles servicios que son fundamentais dentro da situación de crise que se está a vivir.
Por outra banda, os dous concelleiros populares criticaron que un mes máis, “e así levamos desde Maio de 2007”, o bigoberno só inclúe na orde do día un punto de producción propia, unha nova ordenanza sobre telefonía móvil. A aprobación definitiva do plan especial da subestación de BEGASA é un expediente que xa vén da época de goberno do PP. E eso é o que dará de sí o pleno. Fernández Valle e González Barcia indicaron que, unha vez máis, o pleno terá asuntos importantes porque os levará o PP, ben a través de mocións, coma a indicada de financiación dos concellos, ou ben a través de mocións, o que demostra a absoluta incapacidade do alcalde e do bigoberno para xenerar proxectos de futuro que ilusionen á cidadanía ou alomenos se artellen medios para axudar a sair da crise.