Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide unha reforma das casas-cuartel da Garda Civil de Burela

NOTA DE PRENSA
O PP continuará solicitando a reforma integral das casas-cuartel da Guardia Civil.

A senadora Mariña Gueimunde dice que o cuartel de Burela debe ser unha prioridade.

Balseiro adianta que tamén pedirá ó Goberno da Xunta que se pronuncie sobre este asunto

González Barcia confía en que o alcalde se pase ó bando da defensa dos intereses de Burela.

A senadora popular Mariña Gueimunde continuará traballando para que o Goberno Central a través do Ministerio do Interior actúe sobre aqueles cuarteis da Garda Civil da provincia de Lugo que se atopan en mal estado e sufren situación de deterioro, entre eles o de Burela, e neste senso trasladará ó Senado, xunto cos seus compañeiros senadores por Lugo, as inquedanzas dos populares de Burela. Gueimunde entende que o de Burela é unha prioridade polos servicios que alberga, a sede da compañía, subsector de tráfico, revista de armas, etc., ademais de acoller a familias de membros do Corpo.

O deputado José Manuel Balseiro pola súa banda tamén indicou que levará ó Parlamento galego este asunto porque, segundo dixo, é un asunto trascendental e o Goberno da Xunta debe pronunciarse sobre elo e, sobre todo, instar ó executivo central a que solucione as deficiencias existentes.

A senadora popular, xunto con Balseiro e o portavoz do PP de Burela, José María González Barcia, e outros membros do PP burelés, manifestou que a día de hoxe ainda non se coñecen os investimentos reais efectuados polo Ministerio do Interior nas instalacións da Garda Civil na provincia de Lugo nos exercicios presupostarios de 2007 e 2008. Mariña Gueimunde indicou que “unha pregunta a este respecto formulada por escrito polos senadores por Lugo ainda está sen contestar por parte do Goberno, así que probablemente a reformulemos a nivel oral en comisión”. A senadora popular lamentou “a ineficacia e irresponsabilidade do goberno por non ser capaces, a día de hoxe, de trasladar unha información que ademais debería ser coñecida por todos os cidadáns por tratarse de servicios básicos e marcados na propia Constitución”.

A senadora Gueimunde asegurou que son bastantes as dependencias da Garda Civil na provincia que se atopan en mal estado. A este respecto, lamentou que o Secretario de Estado de Seguridad, Antonio Camacho, negara no Senado o mal estado das dependencias da Guardia Civil na província de Lugo; Gueimunde indicou que as realidades da província a este respecto son as que son, e que non hai que escondelas. Mariña Gueimunde indicou que as queixas sobre o estado do Cuartel de Burela xa non son de agora, “veñen de hai tres ou catro anos, e sería bon que o Ministerio do Interior fixese unha planificación de investimento serio e riguroso para paliar as deficiencias que agora mesmo existen e facer unha reforma integral do edifico”. Gueimunde recoñeceu que “estamos nunha situación de crise, pero igual que o Goberno derrocha e despilfarra non estaría de máis unha previsión orzamentaria nun servicio que é básico para os cidadáns, para os que exercen a súa profesión como gardas civís, para os seus familiares que viven nestas instalacións e para os usuarios das mesmas, porque todos pagan os seus impostos”.

Pola súa banda, o portavoz dos populares bureleses, José María González Barcia, lamentou que o alcalde, hasta agora, non fora capaz de posicionarse firmemente na defensa da reforma integral das instalacións do Cuartel de Burela. Barcia lembrou que xa en 2007 e en 2008 o PP presentou esta moción no pleno do Concello de Burela atopando a negativa do bigoberno a votala favorablemente. O portavoz popular burelés indicou que o alcalde semella terlle medo ó seu propio partido e non move un dedo para non molestar. “Agora, dixo Barcia, asistiremos á ceremonia de que ‘eu xa falei co Ministerio e xa se vai arreglar todo’, frases rituais ás que nos tén acostumados o alcalde”.

Ademais, González Barcia criticou a “ausencia” do senador por Lugo e secretario provincial dos socialistas Luis Angel Lago Lage: “vén pola comarca pedir votos, e non volve en anos, cando el debería coñecer ben de que época data a construcción do cuartel de Burela: dos últimos anos de Roldán”, aseguro Barcia.

Gueimunde, Balseiro e Barcia confían en que a cordura entre no Goberno do Estado e por fin se atendan as peticións de reforma integral que se piden para as instalacións da Garda Civil na província e na Mariña, entre elas a de Burela. Barcia foi maís alá e “confía en que o alcalde se pase dunha vez por todas ó bando da defensa dos intereses de Burela”.

Exit mobile version