Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela presenta unha moción pedindo un novo modelo de financiamento local

NOTA DE PRENSA:
O GMPP afirma que o Concello recibe do Estado sesenta mil euros menos este ano ca en dous mil oito

Os populares presentan unha moción para demandar do Goberno Central que fixe un novo modelo de financiación local.

González Barcia e Fernández Valle consideran que o alcalde “dedícase a cousas menores”.

O GMPP denunciou hoxe que o Concello de Burela recibirá este ano da aportación do Estado sesenta mil euros menos ca en 2008, dado que, tal e como tiña adiantado o PP, no presente 2009 baixaría a aportación do Estado ós concellos, ainda que o PSOE negaba tal cuestión. Os populares lembran que o PP presentou unha moción no concello que fora rechazada polo bigoberno, e que o alcalde dixera que o estado mantería a súa aportación ós concellos e mesmo aumentaría: unha vez máis o alcalde enganou ós veciños de Burela, que ven como por culpa de Zapatero e co beneplácito do Bloque os ingresos do concello seguen mermando.

Para poñerlle remedio a esta situación, o PP de Burela, a través dos seus concelleiros José María González Barcia e Manuel Fernández Valle, presentaron hoxe mesmo unha moción, na que se solicita que o Goberno do Estado presente dunha vez o novo “Estatuto dos Gobernos locais” e tamén a nova lei de financiación das administracións locais. Barcia e Fernández Valle lembran que o PSOE volveu a aprazar a financiación dos concellos hasta 2011, cando hai dous anos dixera que se resolvería coa financiación autonómica.

Nesa mesma moción, pídese que os concellos teñan unha moratoria de catro anos para poder facerlle fronte ós reintegros que terán que facer ás arcas do Estado, derivados dun exceso de optimismo do goberno socialista á hora de facer unha previsión de ingresos tanto para 2008 como para 2009. Deste xeito, o concello de Burela verase na obriga de facer fronte a “retencións a conta” cando se emitan as liquidacións de 2008, que serán negativas, e deste xeito ainda baixarán máis as aportacións do Estado ó concello. E a situación económica actual do concello, segundo Fernández Valle e González Barcia, non está para tirar cohetes, senon o contrario: cando o alcalde di que se paga “pouco a pouco”, debería decir que se paga “pouco, e a poucos”, é decir, cantidades pequenas e a poucos proveedores. Eso sí, a luz e o teléfono páganse, solo faltaría.

Noutro orde de cousas, para os dous concelleiros populares, González Barcia e Fernández Valle, é triste que o alcalde se dedique “a cousas menores, a sair nos medios informativos para decir que, un ano despois (por outra parte, prazo habitual de retraso do alcalde), se arreglan as biondas da estrada Burela-San Ciprián, ou que se deixarán de cobrar quince euros por dereitos de exame. Dúas cousas que teñen a súa importancia, pero que na boca dun alcalde dan a entender que non hai proxectos de futuro, que o bigoberno está agotado e que a presencia de Touriño o outro día en Burela só é o exemplo de que o PSOE aposta a cabalo perdedor”.

Exit mobile version