NOTA DE PRENSA
O GMPP presenta unha moción para crear a comisión de seguemento do Plan Xeral.
González Barcia e Edrosa Fernández acusan ó alcalde de non decir a verdade sobre o Documento de Inicio.
Os populares reúnense coa Comunidade de Propietarios das Casas Baratas.
É máis, o PP lembra que se enterou do documento polo rexistro de saída do concello, e que tivo que pedir por escrito unha copia do mesmo.
Precisamente para que as cousas se faigan con rigor, o GMPP de Burela vén de presentar unha moción para o seu debate no pleno do vindeiro xoves, día vintecatro, na que solicita claramente que o Pleno da Corporación Municipal do Concello de Burela acorde a creación dunha Comisión Informativa Non Permanente de Seguemento da elaboración e procedemento do PXOM do Concello de Burela, que se reuniría alomenos con carácter bimensual, e que estaría composta por dous concelleiros de cada grupo político e presidida polo alcalde. Ademais, o Concello de Burela organizaría alomenos tres reunións informativas, de carácter aberto, con veciños: ó remate da elaboración do avance do PXOM, de cara a abrir un prazo de presentación de suxerencias; logo da inclusión ou non das suxerencias, e previa á apertura do período de presentación de alegacións, e con anterioridade á aprobación provisional do documento.
Os populares presentan a moción porque a resposta do alcalde á unha petición semellante feita hai vinte días non foi precisamente nin clara nin convincente, como nel é habitual. Polo tanto, queremos que se posicione no pleno, votando, e así quedará clara a postura de cada quen.
Noutro orde de cousas, membros do PP de Burela, entre os que se atopaban Cristóbal Edrosa e González Barcia, reuníronse onte luns con representantes da Comunidade de Propietarios das Casas Baratas, a fin de analizar a situación deste barrio. A reunión foi positiva xa que non é primeira que se fai con este colectivo, e ademais enmárcase na liña de traballo do PP cos colectivos bureleses para intercambio de información e aportación de solucións.