NOTA DE PRENSA
Os populares informan ó sector pesqueiro e ó Vencello das reunións mantidas coa Xunta.
González Barcia explicou polo miudo o contido das mesmas.
O portavoz popular anuncia máis reunións para as vindeiras semanas.
Membros do Grupo Municipal Popular de Burela, encabezados polo seu portavoz José María González Barcia, reuníronse hoxe con representantes da Asociación de Veciños O Vencello, na sede do Vencello, e posteriormente con representantes da Confraría de Pescadores e de ABSA, na propia Confraría, para informalos polo miudo do contido das reunións que o portavoz popular, José María González Barcia, mantivo o pasado martes con cargos da Xunta de Galicia, como foron o Presidente de Portos de Galicia, a Directora Xeral de Infraestructuras e a Presidenta de Augas de Galicia.
Barcia explicou con detalle o desenvolvemento das obras de abastecemento de augas ós directivos de O Vencello, e tamén lles explicou a situación actual do acceso ó porto.
Na reunión co sector pesqueiro abordáronse varios temas de importancia para o sector, ainda que nas próximas semanas haberá máis noticias ó respecto, xa que o Presidente de Portos de Galicia, José Manuel Alvarez-Campana, entrevistarase persoalmente co sector para analizar e concretar os asuntos que agora están riba da mesa.
O portavoz do GMPP, González Barcia, calificou de mui cordiais as reunións mantidas co Vencello e cos representantes do sector pesqueiro. Barcia asegurou que os obxectivos que se buscan son comúns, e ainda que o PP está na oposición no concello de Burela, é a lista máis votada con moita diferencia, e tén a obriga de defender e apoiar as demandas dos veciños e tamén do sector socioeconómico máis importante de Burela.
González Barcia anunciou que nas vindeiras semanas haberá máis reunións con representantes da Xunta, “porque hai varios frentes abertos no noso concello que hai que ir abordando, e máis ainda vista a postura que adoptan desde o bigoberno burelés”