Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela estudará unha reorganización de cara ás eleccións municipais

NOTA DE PRENSA

O PP celebra o venres once unha importante asamblea.

Raquel Río e Bruno Pedre avanzan que os afiliados fixarán as liñas de actuación política para os vindeiros meses.

Os populares estudiarán unha reorganización do partido.

O PP de Burela celebrará unha importante asamblea de afiliados e simpatizantes pasado mañán, venres, na antiga biblioteca, ás oito da tarde. Esta asamblea foi convocada logo unha reunión mantida polo Comité Local do partido o pasado mércores, e que serviu para arrancar o curso político, logo do mes de Agosto, no que se refire ó Concello de Burela. Todos os acordos que se adopten xirarán en torno o traballo do partido de cara ás eleccións municipais.

Os portavoces do PP burelés, Raquel Río e Bruno Pedre, avanzaron a orde do día da asamblea.  Os asistentes repasarán a situación política do concello; a este respecto, Río e Pedre reiteraron a seguridade de que o bigoberno burelés está agotado, por que os seus membros están cansados, e porque non hai proxecto para o ano e medio que queda de mandato municipal. Igualmente, as liñas maestras da actuación do Grupo Municipal e do propio partido serán fixadas pola propia asamblea, co obxectivo de traballar para volver a gobernar o concello.

Outro punto importante da orde do día da asamblea será o estudio da reorganización do partido en Burela. Raquel Río e Bruno Pedre indicaron que en concellos nos que hai parroquias, a estructura do partido tende a organizarse nese xeito. Pero en Burela non hai parroquias, pero sí colexios electorais. Polo tanto, a intención do partido é comenzar unha reorganización por barrios, para facelos coincidir cos colexios electorais.

Finalmente, a asamblea do PP preparará a presencia dos afiliados e simpatizantes de Burela na romaría popular que este ano se celebra  no recinto feiral de Silleda o día 26 do presente mes. O partido poñerá autobús a disposición dos interesados en asistir.

Exit mobile version