NOTA DE PRENSA
Os populares pídenlle ó alcalde que aclare se vai crear a comisión de seguemento do PXOM.
Dubidan das boas intencións do bigoberno.
Aseguran que o alcalde non comunicou a ninguén a redacción e envío á Xunta do Documento de Inicio.
O GMPP manifestou hoxe que as declaracións do alcalde sobre a creación dunha comisión de seguemento do Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) o único que fan é aumentar as sospeitas de que a redacción e tramitación deste documento estea chea de sombras e carente de transparencia.
Os populares pídenlle ó alcalde que diga públicamente se vai haber ou non Comisión de Seguemento do PXOM formada polos grupos municipais. “Nós, aseguran os populares, é o que pedimos, e o alcalde di que vai haber información cando se precise; pero non nos contesta se vai ser nunha comisión de seguemento ou a través da prensa”. Os populares lembran que os grupos que agora forman o bigoberno pediron no seu día a creación dunha comisión similar, que efectivamente foi creada e mantivo reuniòns.
Ademais, os populares din que non é de recibo que o alcalde diga que o documento de inicio está no concello a disposición de todo o mundo. As preguntas que nos facemos son sinxelas: sabía alguén que estaba feito? Informouse a alguén de que se enviara á Xunta? As respostas tamén son claras: non.
Polo tanto, o alcalde engana outra vez e tenta lavar a súa falla de transparencia con anuncios que coma sempre non din nada, e só se quedan nas boas palabras. O que fai que desde o GMPP dubidemos da súa verdadeira vontade de que a participación real e a transparencia estean presentes no procedemento de redacción e elaboración do PXOM, porque resulta mui doado decir que se dará información e que se manterán reunións. Logo, os anuncios quedan en nada, e con este alcalde xa van moitas veces.
Finalmente, que o alcalde diga que todo vai segundo o previsto non é máis ca súa propia demostración de incapacidade, cando a adxudicación da elaboración do documento se retrasou dez meses, prazo que por outra banda entra dentro dos retrasos habituais ós que nos tén sometidos o actual alcalde.