Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela alerta de “sospeitas” para cubrir unha praza do GRUMIR

NOTA DE PRENSA
Os populares alertan de “sospeitas” para cubrir unha praza do GRUMIR.

Consideran que a proba práctica é totalmente subxectiva.

Unha persoa de trinta anos deberá correr mil metros en tres minutos e medio.

O GMPP manifestou hoxe que as bases para cubrir temporalmente unha praza do persoal estable do GMIR burelés “levantan sospeitas máis que sobradas de que esa praza está xa adxudicada de antemán, tendo en conta o sistema de selección e as condicións que se fixan para acceder á mesma”.

Segundo os populares, o sistema de selección vai ser o de oposición, cando sempre se usou o de concurso con entrevista. Se antes se primaba a experiencia e a capacitación profesional, nesta convocatoria dará exactamente igual que os aspirantes teñan tempo traballado ou non en postos iguais ou similares; tampouco computarán os posibles cursos de formación en materia de protección civil, por exemplo.

Pola contra, un aspirante de máis de cincuenta anos deberá correr mil metros en catro minutos e medio, ou cincuenta metros en dez segundos; se tén entre dezaoito e trinta e seis anos, deberá correr os cincuenta metros en sete segundo e corenta centésimas. Outra proba será un exame escrito para os que hai oito temas, un deles tan “concreto” como “O Concello de Burela. Principais rúas, lugares de interese e dependencias municipais”.

Resulta chocante tamén que a terceira proba, a definitiva, se refira a “un ou varios supostos prácticos…relacionados co posto a cubrir”, redacción de tal vaguedade e inconcrección que tanto se lle pode perdir a unha persoa que escale un edificio como que use un extintor, e que estará en todo caso marcado pola subxectividade do tribunal calificador.

Os populares lembran que é unha contradicción do alcalde fixar o sistema de oposición para acceder a esta praza, cando nos mesmos días se redactan outras bases para cubrir outro posto temporal no concello polo sistema de concurso. Para os populares, o lóxico sería, de decantarse pola oposición, o concurso-oposición, sistema usado en todas as administracións para a cobertura de prazas, e que recoñece de algún xeito os méritos e a capacitación profesional dos aspirantes. Os populares indican que o sistema de oposición libre está totalmente en desuso, e que nas administracións provincial e autonómica son os propios sindicatos os que solicitan que se use o sistema de concurso oposición.

O GMPP confía en que o alcalde non se escude no tribunal, que el mesmo nomeará, para facer unha cacicado. Asimismo, están estudiando a posibilidade de recurrir as bases. Lembran que xa houbo procesos de selección cheos de dúbidas, coma os dos peóns e os oficiais, nos que se rumoreou que mesmo se filtraran exames a determinados aspirantes.

Exit mobile version