Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP considera positivo a creación dun banco de datos de vivendas en aluguer para Burela

NOTA DE PRENSA
O GMPP pide implicación do Concello para solucionar problemas de vivenda.

Elisa Crego considera positivo a creación dun banco de datos de vivendas de alquiler para xoves e familias con escasos recursos.

Os populares lembran que os resultados da política de vivenda do bipartito en Burela é igual a cero.

O GMPP de Burela considera que o concello de Burela, durante este xa máis de dous anos de bigoberno, non fixo nada para facilitarlle á xente xove e ás familias con escaseza de recursos o acceso á vivenda de alquiler.

Por esa razón, a concelleira popular Elisa Crego anunciou que o PP presentou o pasado venres unha moción de cara a adoptar un acordo para que o Concello cree un banco de datos e un censo de vivendas, sempre coa conformidade dos seus propietarios ou axencias xestoras dos intereses dos mesmos, con dispoñibilidade de alquiler a xoves e/ou familias con escaseza de recursos, especificando todos os datos considerados pertinentes e necesarios para facilitar unha información fiable, co fin de poder transmitir esta información os indicados segmentos de poboación. Asimesmo, desde o Concello facilitaríase a propietarios e interesados a información xurídica básica para a formalización do contrato de alquiler.

Segundo Elisa Crego, a problemática do acceso á vivenda é un reto especialmente difícil para os xoves e para as familias con poucos recursos, ámbolos dous segmentos de poboación acuciados pola situación de crise económica que estamos a vivir.

A concelleira popular entende que desde o Concello de Burela non se tén dado ningún paso para facilitarlles o labor a estes dous grupos de cidadáns, con moita importancia no noso concello, especialmente os xoves, para atopar vivenda de alquiler. O Grupo Municipal Popular considera que é hora de dar un paso adiante e abandonar os anuncios publicitarios e propagandísticos en defensa dos intereses reais da xuventude, que quere facilidades de acceso á vivenda e ó mundo laboral, e das familias con escasos recursos, que na maioría dos casos vense na obriga de ter que cambiar de vivenda para ocupar unha de menor renta ou pola contra facer unha maior dotación dos gastos de vivenda en detrimento de outros gastos sectoriais da familia.

Elisa Crego entende que o Concello tén suficientes profesionais capacitados para facer o que se propón con esta iniciativa, que non é outra cousa ca de crear un censo de vivendas, con especificación de superficie, distribución, presos e condicións de aluguer, xunto co nome dos seus propietarios ou axencias e formas de contacto, en todo caso con consentemento escrito destes, para poder propocionar datos fiables ós xoves ou familias interesadas no aluguer.

Crego lembrou que a política de vivenda do bigoberno da Xunta en Burela tivo resultado cero. Non axudou a arreglar problemas, e puxo como exemplo que o bipartito da Xunta non creou ningunha vivenda nova de protección, limitándose a entregar as do Torno e a crear enfrontamentos co Plan Sectorial de Foxo.

Exit mobile version