Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP afirma que “os nacionalistas están a enganar aos veciños da nosa comarca”

NOTA DE PRENSA
Os populares creen que os dirixentes do BNG na comarca non se enteiran e pretenden enganar aos veciños nun exercicio de hipocrisía política e manipulaicón sen precedentes

O BNG DEFENDÍA NO SEU PROGRAMA ELECTORAL A ÁREA SANITARIA ÚNICA COMO NOVO MODELO ORGANIZATIVO DO SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE

· O PPdeG empraza á lectura da páxina 25 do programa electoral co que os nacionalistas concorreron ás pasadas eleccións autonómicas onde defenden este modelo organizativo de xestión integrada.

· Os populares convocarán unha rolda de prensa de xeito inminente para explicar e solucionar as dúbidas que existen respecto desta cuestión pero aclaran que “unha forza política residual como o BNG non marca os nosos tempos”.

· O PP comarcal ratifica un por un cada un dos compromisos electorais adquiridos coa comarca e, de xeito especial, os relativos ao Hospital da Costa, despois de catro anos nos que a caótica xestión do bipartito trouxo consigo un deterioro xeneralizado do sistema público de saúde.

A Mariña, 23 de setembro de 2009.- O Partido Popular da Mariña lucense afirma que os nacionalistas están a enganar aos veciños da nosa comarca cando falan dos prexuízos que provocaría a área de xestión integrada ou área única como novo modelo organizativo do sistema sanitario.

Os populares emprazan a todos os veciños a comprobar a páxina 25 do programa electoral co que o BNG concorreu as pasadas eleccións autonómicas no que dun xeito directo os propios nacionalistas defenden tamén este novo modelo organizativo. “Está claro que o Sr. Veiga non se enteira, nin tan sequera daquelo que forma parte dos compromisos electorais da formación política á que pertence. Xoga a crear incerteza e confusión porque se está a estudar a mellora dun sistema que eles mesmos prometían e defendían nas pasadas eleccións autonómicas. Ata que estremos chegan co seu cinismo político e reiterada manipulación”.

Os populares da Mariña deixan claro que teñen previsto dar as explicacións oportunas sobre os estudos que a Consellería de Sanidade está a realizar para mellorar o funcionamento futuro do sistema público de saúde na comarca. Neste senso xa adiantan a inminente convocatoria dunha rolda de prensa onde darán conta de todas estas cuestións e resolverán as dúbidas existentes. En todo caso aclaran que non o farán cando ao BNG lle pareza oportuno, ou a instancia dos nacionalistas. “Non ten sentido que un partido residual, cun mínimo apoio electoral –menos do 10% nas pasadas eleccións- marque a nosa folla de ruta e os nosos tempos”.

RATIFICAN OS COMPROMISOS ELECTORAIS

Desde o PP da Mariña ratifican un por un cada un dos compromisos electorais adquiridos coa comarca e, dun xeito especial, cada unha das propostas realizadas para mellorar o funcionamento do Hospital da Costa o do sistema público de saúde comarcal. Lembran que na pasada lexislatura a caótica e despreocupada xestión do bipartito, da que son responsables tanto os socialistas como os nacionalistas, deu lugar a un deterioro preocupante e continuo do sistema público de saúde e á ocultación da verdadeira natureza das listas de espera que incluso chegaron a producirse nos Centros de Saúde, médicos de familia e receitas na atención primaria. “Isto é o que o PPdeG comprometeuse a corrixir e así o fará en beneficio dos cidadáns desta comarca”

Exit mobile version