Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP acusa ao BNG de defender o copago na sanidade

NOTA DE PRENSA
Orlando González entende necesario obrigar aos veciños a teñan que desembolsar unha cantidade de diñeiro polas consultas médicas e de enfermería das que fan uso -sistema coñecido como copago ou de ticket-moderador- segundo aparece recollido no acta da primeira sesión da Comisión Sanitaria de Participación Cidadá celebrada no 2008
O ALCALDE DE MONDOÑEDO, DESTACADO DIRIXENTE DO BNG, DEFENDE O COPAGO NA SANIDADE PÚBLICA

* Os populares emprazan aos nacionalistas a posicionarse en relación con este modelo de privatización encuberta do sistema de saúde ou a desautorizar dun xeito público e notorio a proposta deste dirixente da formación frentista.

A Mariña, 25 de setembro de 2009.- Un destacado dirixente do Bloque Nacionalista Galego na nosa comarca defende a fórmula do copago como medio de financiamento do sistema público de saúde. O nacionalista Orlando González, actual alcalde de Mondoñedo, entende necesario obrigar aos veciños a desembolsar dos seus propios petos unha cantidade directa de diñeiro polas consultas médicas e de enfermería das que fagan uso cando acudan aos distintos centros sanitarios da rede pública. As súas palabras aparecen recollidas na acta da Comisión de Participación Cidadá, máis en concreto, no documento que da conta dos debates que tiveron lugar no seo deste organismo con data 3 de decembro de 2008.

Ante a transcendencia e gravidade da proposta efectuada por este destacado dirixente nacionalista os populares emprazan ao BNG a clarexar se asumen este modelo como propio, isto é, a posicionarse a favor ou en contra desta fórmula de privatización encuberta do sistema público de saúde ou a desautorizar dun xeito público e notorio a proposta do actual Alcalde de Mondoñedo, por certo o único profesional médico que aparecía na foto distribuída aos distintos medios de comunicación do comité comarcal do BNG. “En todo caso da lectura da acta queda claro que esta é a única posición coñecida do BNG para a sanidade pública”

Segundo o PP comarcal unha vez máis existe constancia da falta de criterio, e coherencia do BNG. Os populares insisten na idea de que os nacionalistas non son de fiar xa que, mentres por un lado, afirman defender a sanidade pública e universal, polo outro fan propostas que causarían un grave quebranto nas economías familiares máis modestas, ante a dificultade de moitas familias á hora de facer fronte ao pago de parte dos gastos ocasionados por acudir aos centros de saúde ou ao hospital.

Exit mobile version