NOTA DE PRENSA:
O BNG do Valadouro presentou na sesión plenaria do 25 de setembro de 2009, unha moción relativa á axuda para material escolar para nenos de 0 a 16 anos.
Dende o BNG consideramos imprescindible desenvolver políticas integrais de apoio as entidades familiares que teñan en conta as súas necesidades básicas, tales como a educación. Por iso, entendemos que o Concello do Valadouro, debería axudar ao finaciamento dos gastos que se derivan da adquisición de material escolar; tendo en conta que dende a actual Consellería de educación suprimiuse a gratuidade dos libros de texto, por un sistema de axudas que non vai afectar nin a un 30% das familias galegas.
Na nomeada moción, solicitábamos regular o procedemento para a concesión dunha axuda de 60 euros, a cada neno de 0 a 16 anos. O único requisito destacable, consiste en que a unidade familiar deberá estar empadroada e residir de modo efectivo no Concello do Valadouro; ademais de ter presentada a solicitude e documentación no prazo establecido.
Unha vez sometida a votación a citada moción, foi aprobada por 6 votos a favor (BNG, PSOE e Ana Xeada-Concelleira Non adcrita) e 4 en contra, correspondentes ao Grupo Popular; tendo en conta a ausencia da Concelleira e Tenente de Alcalde, a independente Mª Xosé Fernández Díaz. Isto supón unha modificación nas partidas presupostarias, o cal implica a futura convocatoria dun Pleno extraordinario para aprobar definitivamente esta iniciativa, que consideramos imprescindible, partindo da base de que a educación é un dereito universal e no que tódalas entidades públicas competentes deben contribuir; sen ter en consideración outras axudas ofertadas por as diferentes administracións. Tendo en conta que a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de réxime Local, no seu artigo 28, establece que os municipios poden realizar actividades complementarias das propias doutras administracións públicas, e en particular, as relacionadas á educación, á cultura, á promocion da Muller, á vivenda, á sanidade, e á protección do medio ambiente