CERVO .- O Concello de Cervo difunde unha nota informativa da dirección do CEIP Cervo nº1 de San Cibrao-Cervo (antigo Galdín) dirixida a comunidade escolar. A dirección do centro indica “que vai posibilitar a nais e pais, que así o desexen, a escolarización do alumnado de infantil e primaria procedente dos centros Galdín e Mestre Rivera Casas, agora suprimidos” e informa que o curso comezará o vindeiro xoves día 10 e que o centro vai contar con transporte escolar de balde e que disporá de servizo de comedor xestionado pola asociación de nais e pais do centro.
Nota de Prensa
NOTA INFORMATIVA A COMUNIDADE ESCOLAR DE SAN CIBRAO
Como directora do Colexio CEIP. CERVO nº1 de San Cibrao-Cervo que vai posibilitar as/os nai/pais, que así o desexen, a escolarización do alumnado de infantil e primaria procedente dos centros Ceip. Galdín e Mestre Rivera Casas (agora suprimidos) desexo informalos dos seguintes puntos:
1. O curso 2009 -2010 comezará o vindeiro xoves día 10 , e as clases desenvolveranse no próximo curso nos locais do antigo Ceip Galdín co seguinte horario:
o Nos meses de setembro a xuño, xornada continuada: de 9,30 a 14,30 h.
o Nos meses de outubro a maio, xornada partida: de 9,30 h. a 13,00 h. (pola mañán) e de 15,10 a 16,40 h. (pola tarde).
2. O Ceip.de Cervo nº 1 vai contar con transporte escolar, de balde, xestionado pola Consellería. (En carta aparte, que achegará ao seus domicilios, infórmase detalladamente dos horarios e paradas dos autobuses ). O transporte será realizado polas empresas ARRIBA e ÚBEDA .
3. O novo centro contará con servizo de comedor xestionado pola Asociación de nais e pais do centro. Como no caso do transporte, a información máis detallada na carta que recibirán nos seus domicilios.
Para calquera aclaración ou dúbida, pódense por en contacto co Centro no teléfono 982.594.406 en horario escolar.