Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove abre centros educativos fora do horario lectivo para realizar actividades

XOVE .- A concellaría de Cultura de Xove, en colaboración do IES Illa de Sarón e o CEIP Pedro Caselles, iniciou o  “Programa de Apertura de Centros Educativos Públicos Fóra de Horario Lectivo 2009”, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta iniciativa “abre a posibilidade de utilizar as instalacións educativas como recursos para realización de actividades deportivas, artísticas e de estudo dentro dun concepto de servizos complementarios que mellore a oferta educativa”

NOTA DE PRENSA.-

EN MARCHA O PROGRAMA “APERTURA DE CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS FORA DE HORARIO LECTIVO”

O Concello de Xove, a través da súa Concellería de Cultura, ven de por en marcha, coa colaboración do IES Illa de Sarón de Xove e o CEIP Pedro Caselles Rollán, o “Programa de Apertura de Centros Educativos Públicos Fóra de Horario Lectivo 2009”. Trátase dun programa  da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que abre a posibilidade de utilizar as instalacións educativas como recursos para realización de actividades deportivas, artísticas e de estudo dentro dun concepto de servizos  complementarios que mellore a oferta educativa. O Presuposto Total deste Programa é de 11.300 €uros, dos cales 7.714´63 €uros son finaciados pola Consellería e o resto polo Concello de Xove.

Das catro modalidades existentes (“A”, “B” , “C” e “D”), o noso Concello participa na “A” (apoio a actividades saudables e habilidades persoais)  na “B” (apoio á mellora do éxito escolar) e na “C” (prevención e intervención ante o absentismo e abandono temprerán dos estudios). Na modalidade “A” particpan os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria do CEIP Pedro Caselles,  na modalidade “B” alumnos/as de 5º e 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO. Na Modalidade “C”, participan rapaces/as de 16 a 24 anos.

Os cursos programados, son:

MODALIDADE “A”

-Curso Básico de Vídeo.- No mesmo dánselles nocións básicas de manexo e montaxe de vídeo. Para este Curso hai 10 prazas. Vai ser impartido polo fotógrafo Julio López.

-Curso Básico de Fotografía.-Vai ser impartido polo fotógrafo Julio López, tratándose dun curso básico de iniciación á fotografía. 15 prazas disponibles.

MODALIDADE “B”

-Curso “Pintura: Perfeccionamentos Técnicos”.- vai ser impartido polo pintor xovense Xoán Guerreiro. 10 prazas disponibles.

-Curso “Técnicas de Expresión Dramática e Corporal”.- para este curso hai un total de 15 prazas.

-Curso “Perfeccionamento de Fotografía Dixital”.- vai ser impartido polo fotógrafo Julio López e cóntase con 10 prazas.

Curso “Perfeccionamento de Vídeo: Montaxe”.- impartido tamén polo fotógrafo Julio López, dispón de 10 prazas.

MODALIDADE “C” (obxectivo: prevención ou intervención ante o abstentismo e abandono temperán dos estudos)

-Curso de Elaboración de Carteis.- vaino impartir o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello Mario Eijo nas propias dependencias do Concello.  15 prazas en total.

-Curso para o Uso Correcto de Impresos.- impartido pola administrativa do Concello María Teresa Cociña. Con este Curso preténdese abrirlles  aos participantes o mundo das administracións, que o mesmo que poidan navegar por Internet, tamén se poidan mover polo mundo da xestión administrativa, o cal lles vai ser de moita utilidade para o futuro, dende matricularse na universidade, abrir unha empresa ou facer unha reclamación a facenda, por poñer só algúns exemplos.

Estes Cursos vanse desenvolver básicamente nas dependencias do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón fora de horario lectivo, e tamén en dependencias municipais. As inscricións para estes Cursos, que son totalmente gratuitas, se poden facer, en:

-Despacho do Técnico Municipal de Cultura ou ben chamando ao tfno 982592001, preguntando por Mario.

-Vicedirección do IES Illa de Sarón.

-Dirección do CEIP Pedro Caselles Rollán.

Exit mobile version