XOVE .- A concellaría de Cultura de Xove, en colaboración do IES Illa de Sarón e o CEIP Pedro Caselles, iniciou o “Programa de Apertura de Centros Educativos Públicos Fóra de Horario Lectivo 2009”, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta iniciativa “abre a posibilidade de utilizar as instalacións educativas como recursos para realización de actividades deportivas, artísticas e de estudo dentro dun concepto de servizos complementarios que mellore a oferta educativa”
NOTA DE PRENSA.-
EN MARCHA O PROGRAMA “APERTURA DE CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS FORA DE HORARIO LECTIVO”
O Concello de Xove, a través da súa Concellería de Cultura, ven de por en marcha, coa colaboración do IES Illa de Sarón de Xove e o CEIP Pedro Caselles Rollán, o “Programa de Apertura de Centros Educativos Públicos Fóra de Horario Lectivo 2009”. Trátase dun programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que abre a posibilidade de utilizar as instalacións educativas como recursos para realización de actividades deportivas, artísticas e de estudo dentro dun concepto de servizos complementarios que mellore a oferta educativa. O Presuposto Total deste Programa é de 11.300 €uros, dos cales 7.714´63 €uros son finaciados pola Consellería e o resto polo Concello de Xove.
Das catro modalidades existentes (“A”, “B” , “C” e “D”), o noso Concello participa na “A” (apoio a actividades saudables e habilidades persoais) na “B” (apoio á mellora do éxito escolar) e na “C” (prevención e intervención ante o absentismo e abandono temprerán dos estudios). Na modalidade “A” particpan os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria do CEIP Pedro Caselles, na modalidade “B” alumnos/as de 5º e 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO. Na Modalidade “C”, participan rapaces/as de 16 a 24 anos.
Os cursos programados, son:
MODALIDADE “A”
-Curso Básico de Vídeo.- No mesmo dánselles nocións básicas de manexo e montaxe de vídeo. Para este Curso hai 10 prazas. Vai ser impartido polo fotógrafo Julio López.
-Curso Básico de Fotografía.-Vai ser impartido polo fotógrafo Julio López, tratándose dun curso básico de iniciación á fotografía. 15 prazas disponibles.
MODALIDADE “B”
-Curso “Pintura: Perfeccionamentos Técnicos”.- vai ser impartido polo pintor xovense Xoán Guerreiro. 10 prazas disponibles.
-Curso “Técnicas de Expresión Dramática e Corporal”.- para este curso hai un total de 15 prazas.
-Curso “Perfeccionamento de Fotografía Dixital”.- vai ser impartido polo fotógrafo Julio López e cóntase con 10 prazas.
Curso “Perfeccionamento de Vídeo: Montaxe”.- impartido tamén polo fotógrafo Julio López, dispón de 10 prazas.
MODALIDADE “C” (obxectivo: prevención ou intervención ante o abstentismo e abandono temperán dos estudos)
-Curso de Elaboración de Carteis.- vaino impartir o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello Mario Eijo nas propias dependencias do Concello. 15 prazas en total.
-Curso para o Uso Correcto de Impresos.- impartido pola administrativa do Concello María Teresa Cociña. Con este Curso preténdese abrirlles aos participantes o mundo das administracións, que o mesmo que poidan navegar por Internet, tamén se poidan mover polo mundo da xestión administrativa, o cal lles vai ser de moita utilidade para o futuro, dende matricularse na universidade, abrir unha empresa ou facer unha reclamación a facenda, por poñer só algúns exemplos.
Estes Cursos vanse desenvolver básicamente nas dependencias do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón fora de horario lectivo, e tamén en dependencias municipais. As inscricións para estes Cursos, que son totalmente gratuitas, se poden facer, en:
-Despacho do Técnico Municipal de Cultura ou ben chamando ao tfno 982592001, preguntando por Mario.
-Vicedirección do IES Illa de Sarón.
-Dirección do CEIP Pedro Caselles Rollán.