Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Lourenzá amplía o horario do punto limpo e instalará un sistema de vixilancia

LOURENZÁ .- O Concello de Lourenzá amplía o horario do punto limpo, situado no polígono empresarial, e instalará un sistema de vixilancia para evitar que se deposite lixo nas inmediacións do recinto, según indicou a concelleira de Medio Rural Enma Alvarez Chao.

REFERENCIA

Novo horario do punto limpo do Concello de Lourenzá.

A partires do vindeiro luns 7 de setembro o Punto Limpo do Concello situado no Poligono Empresarial ten un novo horario.

Para cubrir de xeito máis amplio as necesidades dos veciños o punto limpo amplia o seu horario, pasando a ser o seguinte:

Luns, Mércores e Venres de 9 a 13 horas. Nesta franxa horaria un operario do Concello estará permanentemente nas instalacións.

Os mesmos días no horario de 15 a 19 h esta mesma persoa abrirá o recinto para a recepción de residuos domésticos, previo aviso no número de teléfono 616 988708.

Non se recibirá mercancía fora deste horario e daremos coñecemento ao SEPRONA de todo o material depositado as portas do recinto, nos vindeiros días dispoñeremos dun sistema de vixilancia que nos permitirá identificar as persoas e vehículos que se acerquen as inmediacións a realizar estes feitos.

Así mesmo comunicámoslle que de forma estricta levaremos a cabo a recepción dos residuos, como ejemplos máis comúns, non estamos en condicións de recepcionar nin rodas usadas nin envases contaminados.

Exit mobile version