CERVO .- O Concello de Cervo acometerá a reforma da zona infantil situada no parque Raiña Sofía de San Ciprián, no espazo posterior da Casa do Mar desta localidade. O Goberno municipal informa que o prazo de execución dos traballos de mellora destas instalacións é dunha semana, durante o cal permanecerán pechadas ao uso dos máis pequenos.
Desde o Concello pregan ás familias usuarias desculpas polo trastorno que puidera ocasionarlles estas actuacións e prometen acometelas coa maior celeridade posible. En todo caso, as distintas melloras realizadas contribuirán a garantir unha maior seguridade das instalacións e incrementar a calidade de vida dos veciños e dos nenos e nenas que fan uso deste parque infantil.
O plan de mellora inclúe desde a ampliación do solo de goma e caucho disposto baixo os xoguetes infantís, ata a substitución das randeeiras (aparellos para bambearse por divertimento), así como outras tarefas de mantemento como o pintado do peche perimetral.