Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela organizará unhas xornadas do peixe espada

BURELA (FNC).- A Concellería de Mar prepara unhas xornadas gastronómicas adicadasó peixe espada, que terán lugar na ponte do Pilar do mes de outubro. Para organizar o evento, o alcalde, Alfredo Llano e a concelleira de Mar, Remedios López, farán unha reunión con representantes de tódolos restaurantes e bares do municipio o vindeiro mércores, 16 de setembro, ás 19.30 horas no salón de plenos do Concello.
O obxectivo destas xornadas, previstas para os días 9, 10 e 11 do vindeiro mes, é promocionar un produto da terra e dar a coñecer o labor que fan os barcos espadeiros de Burela. Ademais, elaborarase o cuarto libro de receitas “Os sabores do noso mar”, que se distribuirá nos restaurantes participantes.
Remedios López solicita a colaboración de tódolos bares, bodegóns e restaurantes da vila e invítaos a que acudan á reunión para formar parte do evento.

Exit mobile version