Site icon Crónica3.com A Mariña

Ofertan 9 postos de traballo no Concello de Burela para empezar o 26 de outubro

BURELA (FNC).-. O Concello de Burela oferta nove postos de traballo. Segundo explicou o alcalde, Alfredo Llano, “unha vez que pasen as probas de selección comenzarán a prestar os seus servizos o 26 de outubro. A xente interesada que se preocupe de saber si está inscrita nas oficinas do INEM e das datas de celebración de ditas probas”.

O rexedor conta que “os traballos que se ofertan son: peón de xardinería, coidador do comedor escolar, peón especialista para a Casa da Cultura, auxiliar administrativo para Servizos Sociais, axente de igualdade que ten que ser diplomado, auxiliar administrativo para a Casa da Xuventude, auxiliar administrativo para a oficina de turismo, orientador de inmigración que tamén ten que ser diplomado e peón de servizo de guía para o barco museo. Todos os postos de traballo son por un prazo de seis meses a tempo completo, a excepción  do coidador do comerdor escolar que terá o 60% da xornada laboral”. Alfredo Llano considera que se trata “dunha boa noticia porque tal e como están as cousas sempre que se fala de crear postos de traballo é algo moi positivo e sempre son benvidos”.

Exit mobile version