BARREIROS (FNC).- No pleno ordinario celebrado onte en Barreiros acordóuse por unanimidade pedirlle a Fomento que sinalice as praias do concello na A-8. O alcalde, Alfonso Fuente, explicou que “tamén se trataron outros asuntos como unha proposta para dirixirse ó Ministerio de Fomento e que inicie os trámites de cesión da N-634 ó Concello entre Reinante e a rotonda do Asador para poder actuar nese vial. Si a cesión ven aparellada dunha concesión ou dunha partida económica poderíamos proceder á construcción de beirarrúas, iluminación… e todo o que sexan medidas de seguridade, como bandas e pasos elevados para así evitar casos como a protagonizado por un camión hai unhas semanas que se empotrou contra unha casa”.
A área sanitaria da Mariña tamén chegou ó Concello de Barreiros, a través dunha moción presentada polo BNG, “e nós presentamos unha enmenda a dita moción e foi votada de xeito unánime por todos os grupos cos puntos de acordo que nós propoñíamos. Queremos que se manteñan todos os servizos que ten o hospital da Costa e que incluso se melloren e se amplíen os servizos que presta”. Fuente Parga considera que “neste punto se estaba un pouco confundindo á xente, porque unha cousa é a xestión e outra a atención. A xestión igual nos importa pouco que se faga desde Lugo ou desde Santiago, xa que á hora de comprar as jeringuillas ou as toallas ó paciente o que lle interesa é que cando o seu facultativo vaia coller unha jeringuilla a teña, independentemente de que fose comprada en Lugo, en Santiago, Burela ou Madrid… si con esas compras centralizadas se baixa o seu coste sería positivo, ou á hora da contratación da limpeza dos hospitais porque non é mismo sacar tres a concurso que sacar un… si así se poden conseguir melloras pois benvidas sexan”. O rexedor barreirense considera que “si unha boa xestión vai ampliar a atención ó paciente benvido sexa. O que quixemos deixar ben claro é que non hai que confundir xestión con atención. Está claro que non se pode perder nin un só facultativo nin ningunha especilidade no hospital da Costa, pero a xestión pode mellorar ó centraliza”.
Alfonso Fuente contou que “se tratou tamén unha moción con respecto aos accesos en Estacaxugos e nós aí en principio consideramos que non era convinte agora mesmo cando se están realizando obras na vía, pero ó final acordamos dirixirnos a Fomento para que non deixe eses camiños sen acceso”.