Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros investirá 110 mil euros en mellorar camiños de San Xusto e San Miguel

BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, anunciou que en breve se iniciarán obras de mellora en varios camiños do concello que suporán un investimento de 110.000 euros. O rexedor explica que “estes traballos acometeránse na zona de San Xusto e de San Miguel. Concretamente estamos a falar do camiño de acceso a Ibia que cando hai temporal a veces cortábase e vaise preparar unha estrada con doble riego; váise actuar en San Miguel no camiño de Pereira e no camiño de Triana e tamén no camiño que vai desde a N-634 ata Entreríos, ao lado da igrexa, aí se vai meter riego asfáltico para deixar estas carreteras como se merece. E tamén se arreglará o camiño da Caxiga en San Cosme, que cruza polo medio do monte e que da saída á zona de praias ó que é o campo de fútbol se San Cosme”.

Fuente Parga engade que “se trata dun investimento do PEIM de 2009 da Consellería de Medio Rural e xa anuncio que están pendentes de aprobación outros 100.000 euros para outros camiños que se irán mellorando. Hai que pensar que desde que o PP goberna na Xunta nuns meses aquí en Barreiros imos investir 210.000 euros en camiños, o que nos parece importante para só un exercizo, porque o que viñamos tendo noutros anos eran sobre 90.000 ou 100.000 euros por ano e neste 2009 teremos o doble para reparar eses camiños e creo que é importante”.

Exit mobile version