Site icon Crónica3.com A Mariña

“O concello colocará persoas afíns” na Escola de Música, asegura o PP de Burela

NOTA DE PRENSA

O GMPP afirma que o concello colocará persoas afíns en certos postos da Escola de Música.

Os populares considérana que o procedemento puido facerse no verán.

Consideran que a xestión de Lucía Bouza é  prepotente e desastrosa.

O GMPP de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que o proceso de selección de persoal que abrirá  Lucía Bouza na Escola de Música pretende poñer en determinados postos da Escola a persoas afíns e próximas ó seu entorno.

Lucía Bouza, segundo os populares, xa nos tén acostumados a facer chanchullos, como as bases polas que accedeu ó posto de traballo seu inrmán, nas que se primaba un aspecto que só tiña, precisamente, a persoa indicada, motivo polo cal acadou a nota máis alta.

O GMPP indica que este procedemento, que agora se quere vender como urxente e importante para cumplir a legalidade, non é tal, xa que o ano pasado renováronse contratos sen probas de selección; ademais, se é tan urxente, puido terse feito no verán, ainda que ó millor non estaba definida a operación que tén na cabeza Lucía Bouza, a de colocr persoas afíns e do seu entorno en certos postos da Escola.

Ademais, todo este galimatías tén a bastantes pais e nais da Escola de Música realmente preocupados. Mesmo algúns falan da prepotencia da concelleira. Tanto é así, que algúns pais e nais estanse plantexando organizar unha asociación de pais e nais de alumnos da Escola, para defender os seus intereses e velar pola normalidade no funcionamento da escola.

Resulta chocante que este ano dous mil nove houbese cartos ou se buscase financiación para determinadas actividades musicais durante o verán e non haxa cartos para algunhas cuestions fundamentais da Escola de Música, polo que a xestión de Bouza non deixa de ser un desastre.

Os populares lamentan que haxa estes problemas na Escola de Música, cando custou moito traballo, sacrificio e esforzos poñela en marcha.

Exit mobile version