Site icon Crónica3.com A Mariña

O club baloncesto Celtas de Foz perdeu en Arzúa e o Xove ante o Noia

(foto: Miguel Fraga)

FOZ/XOVE (M.F.O.) .- Os dous conxuntos mariñáns non puideron gañar os seus compromisos na primeira xornada de liga Primeira Nacional, o Celtas-Primera Calidad co Arzúa e o Xove ante o Noia.
O Celtas-Primera Calidad encaixou unha avultada derrota ( 79-38 ) debido a escaseza de efectivos coa  que o novo adestrador tivo que contar. O partido foi dende principio a fin para conxunto de Arzua que no primeiro cuarto xa gañaba de once puntos. Polo Celtas xogaron: Lucas (5), Eduardo (5), Sama (6), Miguel, Alberto (14) – Aarón (8), Manuel, Brais.
O C. B. Xove perdeu por 78 a 82 no seu debut na liga Primeira Nacional ante o tamén recen ascendido C. B. Noia. Polo Xove xogaron: Pablo Castro (16), David Gómez (16), Fernando Zeballos (5), Pablo Santiago (6), Cuqui (8) – Álvaro (8), Javi Castro, Juan María (9) y Eloy.

Exit mobile version