BURELA .- O domingo, día 20 de setembro, o colectivo cultural Buril, en colaboración coa Liga Nacional de Billarda (LNB), organiza o “Aberto do bonito”, que constará dun aberto de billarda ás 16:00 horas e un aberto de bolos celtas a partir das 18:00 horas. Ambos encontros terán lugar na pista deportiva do parque Rosalía de Castro.
O Buril xa fixo sesións de bolos celtas e de billarda durante os últimos días, para dalas a coñecer entre os/as mais novos/as.
Esta actividade, enmárcase dentro da proposta feita a todas as asociacións de Burela para participar na celebración da Semana da mobilidade.
Deste xeito cumprimos dous obxectivos fundamentais: potenciamos actividades de lecer alternativas que precisan de espazos urbanos libres de vehículos motorizados e á vez mais humanizados e por outro lado, recuperamos dous deportes tradicionais que foron populares hai moitos anos na nosa vila, mais que agora estaban ficando no esquecemento xeral entre os nosos veciños e veciñas.
Esperamos que toda a xente interesada, tanto nov@s como maiores, veñan participar como xogadores/as ou espectadores/as.
Haberá un bonito para os/as gañadores/as.