Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG solicitará nos Plenos da Mariña a retirada da madeira derrubada do Klaus

Veiga solicita a Juárez que de a cara diante dos propietarios forestais
O BNG solicitará nos Plenos da Mariña a retirada da madeira derrubada do Klaus

O Bloque Nacionalista Galego vai apresentar no conxunto dos Concellos da Mariña unha moción a fin de que os Plenos das Corporación se dirixen a Consellaría de Medio Rural a fin de que se proceda a retirar por parte da Xunta a madeira derrubada polo ciclón Klaus e que a día de hoxe segue amoreada nos montes da Comarca.

A referida iniciativa xurde da situación de abandono na que se atopan os nosos montes e do incumprimento por parte do Goberno Galego dos compromisos adquiridos entre este na etapa do bipartito e dos propietarios forestais nunha xuntanza da Mesa da Madeira para avaliar as consecuencias do Klaus.

Segundo informou o Responsábel-Portavoz Comarcal do BNG, Antonio Veiga, a actitude da Xunta en relación con este tema non é un feito illado senón que evidencia ás claras o modus operandi do Goberno de Feijoo. Isto é un Goberno ausente que a medio da propaganda agocha a súa inactividade e a falta de compromiso cos problemas reais dos Mariñáns.

A este respecto, continua Veiga, non deixan de ser curiosas as palabras da Portavoz de Agricultura do PP, Enma Álvarez, que non só recoñeceu en declaración recentes aos medios recoñeceu que efectivamente o Goberno Galego non só está incumprindo os compromisos adquiridos cos propietarios forestais da Mariña, senón que vai máis alá cando afirma que a día de hoxe só se retirou o 10% da madeira derrubada polo Klaus.

“O PP non pode mirar para outro lado é dicir que aquí non pasa nada, a non ser que tras esta decisión se agochen os intereses dos grandes grupos empresariais que operan no sector forestal en réxime de oligopolio”, declara Veiga que considera que o Goberno Feijoo é un goberno ao servizo dos poderosos e dos grupos empresariais foráneos.

Xa por último o Portavoz Comarcal do BNG esixiu que a Consellaría de a cara neste tema e non utilice a interpostos para explicar as súas propostas en relación con este tema, posto que os propietarios forestais da Mariña están agardando unha resposta do Conselleiro e non dos señores obedientes do grupo parlamentario do PP.

Exit mobile version