Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz solicita explicacións pola contratación do home dunha concelleira

NOTA DE PRENSA
Nota BNG: Sobre a contratación do esposo de Rosa Alonso e as declaracións de Rivera,Alonso e a Executiva Socialista.

O Bloque Nacionalista Galego solicita que o PSOE de Foz e nomeadamente o seu Alcalde procedan a explicar os supostos nos que se deu proceso selectivo de contratación por parte do Concello do esposo da concelleira Rosa Alonso de cara a clarificar a actuación do grupo de goberno e que non queden dúbidas de ningún tipo de comportamentos que poidan chocar coa práctica ética que debe rexer calquera acción de goberno. Neste sentido resultan lamentábeis as declaracións efectuadas polo Alcalde de Foz e Secretario Xeral da Agrupación Socialista que proceden a lanzar balóns foro, a criar cortinas de fume para non ter que falar do tema, cando debían ser as persoas máis interesadas en que non quedase rastro de dúbida sobre a pulcritude ética do proceso. Tanto é así que as palabras dos dirixentes do PSOE o único que fan é aumentar as dúbidas dos veciños, abonda con darse un paseo por Foz, e tamén neste caso do BNG posto que seguimos a día de hoxe agardando unha explicación, que non fose un insulto dos dirixentes do PSOE. Xa que logo a actitude que sobre este tema mantén o Agrupación Socialista de Foz lévanos a preguntar ao Alcalde que se tenta ocultar con esta posición respecto do proceso de formalización do referido contrato de relevo, se o contido das declaracións xorden da dialéctica de división interna que vive o PSOE local e do feito de compartir fracción Rivera, Alonso e o SX do PSOE local e xa por último se as opinións verquidas pola Executiva Socialista correspondese coa do conxunto do PSOE de Foz ou só da parte do mesmo que está representada na Executiva.

Nos non imos entrar neste xogo de descualificacións coa que Sra.Rosa Alonso pretende desviar a atención sobre o que preocupa ao BNG e aos veciños de Foz que non é outro cousa que a que vimos de referirnos. Agora ben agradecémoslle a súa sinceridade cando confirma existencia de relación laboral entre a concesionaria do mantemento da luz e o seu esposo , ou cando afirma que coa ética non se come, alá a súa opinión, pero se a ética non guía a actuación dun representante público o mellor que pode facer este e abandonar a actividade política. Xa metida na verea da sinceridade sería bo que continuase explicando moitas dubidas que os veciños deste Concello temos respecto do carácter de Saiju, da relación contractual que esta mantivo ou se vai seguir mantendo co Concello, ou se nos traballos que realizou para o Concello desde 2003 a maioría foron por adxudicación directa ou por concurso. Saiba por último que o BNG nunca practicou a persecución como xeito de facer política e reflexione sobre se vostede pode dicir o mesmo.

Os nacionalistas nunca entendemos a política local de Foz como unha lodazal e con nos non vai contar ninguén para enfangar aínda máis a política municipal, pero tampouco somos dos que estamos dispostos a poñernos unha pinza no nariz para non ulir a cheirume. Se existen dúbidas sobre supostos de ilegalidade referidos ao incumprimento da Lei de Contratos do sector Público deben aclararse e deberían ser o grupo de Goberno o máis interesado en que isto se fixera. Independentemente de que o procedemento denunciado polo PP se axuste a legalidade, na vida pública debese de operar cun manual de boas prácticas que deben ter como principio rector o comportamento ético. Na política non vale todo e exercer a representación dun Concello require moito máis que ter detrás dun un número importante de votos, esixe pola contra ter xunto a un importante caudal ético que atendendo aos argumentos do grupo de goberno e da Sra. Alonso parece que non existe por ningún lado. Saiban que o BNG non vai permitir que se sigan a rir desde o grupo de goberno dos veciños de Foz facéndose pasar por mártires, posto que aquí os únicos agraviados son aqueles veciños que non xogan en igualdade de condicións no aceso ao emprego público.

O Bloque Nacionalista Galego considera que urxe clarificar a forma no que se levou adiante o proceso selectivo , posto que o que está en xogo e a honorabilidade do Concello. Asemade demandamos do Alcalde que explique as funcións as que están vinculadas esta praza e se limitan en exclusiva ao disposto no contrato de relevo, e se son as mesmas que se esixían para o desempeño das función do traballador relevado. Na mesma liña gustariamos que o Alcalde explicara se é compatíbel a existencia dunha relación contractual como persoal do Concello de Foz e ao mesmo tempo a existencia dunha relación contractual de caracter empresarial coa mesma institución. Xa por último esiximos que se procedan a elaborar unhas bases de contracción de persoal que se sigan no conxunto dos procesos selectivos a fin de garantir seguridade xurídica nestes procesos e evitar varias varas de medir nos procesos selectivos.

Exit mobile version