Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo denuncia “as contradicións entre Balseiro e a Conselleira ” sobre a área sanitaria da Mariña

NOTA DE PRENSA:
“As contradiccións entre Balseiro e a Conselleira alarman cada día mais aos cidadáns ”

Balseiro repite como un loro as consignas do partido aumentando a confusión entre os veciños”

“O PP segue poñendo soldos para os seus concelleiros mentres o concello continúa sumido na parálise”

Cervo, 25 de setembro de 2009. A presentación pola vía de urxencia no pleno celebrado na noite do xoves da moción do BNG para o mantemento da área sanitaria da mariña, supuxo o acordo unánime da corporación, previa inclusión dunha emenda do PP, a esixencia de defender diante da Consellaría de Sanidade o mantemento da actual área sanitaria. Aínda así, o portavoz nacionalista, Xoán Estúa, denunciou as manobras de despiste do PP que mentres aquí aproba as iniciativas do BNG, no Parlamento Galego vota en sentido contrario..

“A consellaría di que está en estudo e José Manuel Balseiro nega a supresión da área sanitaria”

Os tres cuartos de hora que o parlamentario e concelleiro cervense, José Manuel Balseiro, utilizou para repetir o mesmo discurso que deu o compañeiro de partido no parlamento, “nin serviron para tranquilizar, nin aclararon nada a respecto dos anuncios da Consellaría de Sanidade de suprimir a área norte de saúde”, que sigue mantendo en estudo en contradicción coas declaracións do Sr. Balseiro. A pesar disto, o BNG mostrou a súa satisfacción por un acordo unánime que “obriga ao concello, e ao propio Balseiro, a defender en calquera instancia o compromiso adquirido”, “agardamos por tanto o seu voto favorábel cando nos próximos días se produza o mesmo debate no Parlamento Galego”

“Mentres o PP continua poñendo salarios aos seus concelleiros, o concello sigue paralizado”

O BNG criticou a actitude do grupo de goberno que, coa toma de posesión do novo concelleiro de Turismo e Deportes, redistribuíu as dedicacións absolutas e parciais, co que o gasto anual nestes salarios suma mais de 102.000 euros, ao que hai que sumar gastos en teléfonos móbiles e dietas, un gasto moi por encima das posibilidades dun concello endebedado e con menos de 5.000 habitantes. Os nacionalistas criticaron que estas asignacións económicas non repercuten no traballo do grupo de goberno, xa que en Cervo non existe nin política deportiva, nin cultural, nin para os maiores, nin para os nenos ou mozos, sendo ademais evidente o abandono do concello se mire por onde se mire. O BNG ademais criticou que as xustificacións para o cobro dos salarios das catro dedicacións parciais “son opacas e moi difíciles de controlar pola oposición”, un asunto ao que fan referencia os informes dos servizos de intervención que sinalan a necesidade do control polo pleno da corporación que nas actuais circunstancias é imposíbel.

Exit mobile version