BARREIROS .- A alcaldía de Barreiros presentará no vindeiro pleno unha proposta para pedir a Fomento que axilice os trámites de cesión da N-634 ó seu paso polo municipio co fin de levar adiante os proxectos que xa se teñen previsto.
O rexedor, Alfonso Fuente, explicou que “dende a alcaldía de Barreiros imos levar unha proposta ó vindeiro pleno para pedir ó Ministerio de Fomento que axilice os trámites de cesión da estrada N-634 ó seu paso polo concello dende a súa entrada en Reinante ata a rotonda do Asador. Xa temos enviada toda a documentación, estamos pendentes da resolución e imos intentar que se faga un acordo para axilizar esos trámites desa cesión, de forma que poidamos actuar e facer xa proxectos sobre este vial considerándoo como unha gran vía municipal, por así decilo”.
Fuente suliñou que “estamos a falar de 8 quilómetros de vial que agora mesmo é nacional e nos que non podemos colocar nin bandas rugosas nin pasos de peóns elevados. E o que queremos é facer esas actuacións xa, nos cascos urbanos de San Miguel, San Cosme e San Pedro ou incluso en Reinante, poder actuar e tratala como unha vía municipal”.
O alcalde de Barreiros propón pedir a Fomento que axilice a cesión da N-634 ao seu paso polo Concello
O alcalde de Barreiros propón pedir a Fomento que axilice a cesión da N-634 ao seu paso polo Concello
Relacionado
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
-
Arrincou en Ribadeo o ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña